Contacontos sensorial na Biblioteca José Saramago do CSC de Santa Marta

Hoxe, sábado 1 de xuño, recibimos no CSC de Santa Marta, en Santiago de Compostela, a visita de Patricia de Eduvía que veu presentarnos unha sesión de contacontos destinada a bebés de 0 a 3 anos e a adultos e adultas acompañantes.
A través das emocións e a experimentación, os máis pequenos puideron gozar dunha experiencia feliz, ao tempo que as súas familias adquirían ferramentas para potenciar a experiencia da lectura cos seus fillos e fillas.
Unha vez finalizado o contacontos, os asistentes achegáronse á biblioteca a coñecer a nosa sección de pequenos lectores.















A biblioteca municipal de Lourenzá acolleu o día 21 de maio unha sesión de contacontos ” con perruca e unllas de cores”, onde @s asistentes desfrutaron e participaron activamente nesta actividade que profundizaba sobre valores tan importantes como son os respeto hacia as persoas.





Séguenos