Paxariños
O Venres 28 de abril tivemos a visita da ratiña Lilly, que viña dende Lonxedetodo para contarnos unhas historias moi tiernas. No seu xardín, turelí. Hai un noño, tureló. No niño hai un ovo, turelí. Espera que dese ovo enorme que nos mostra, naza un paxariño. E fará o imposible para que naza de mellor maneira posible. iso faino con musica, con contos que cautivaron a todos os nenos e nenas que participaron da actividade.



O pasado mércores pasamos un rato moi divertido en Foz con Tarabelos e a súa obra “Contos nunha roda: Manuela e Manuel”. A través dun teatriño ilustrado, dunha roda e de Esteban, gran contador de historias, a picaraxada disfrutou dunha tarde moi amena cos protagonistas, Manuel e Manuela, un conto pola igualdade deseñada para romper estereotipos. Unha actividade dinámica na que o público participa e interactúa cos personaxes. Ao final da sesión, Esteban permitiu acercarse ao monicreque que tanto interés despertan sempre entre os/as máis pequenos/as.



















Séguenos