“Contamos todas”, Avelino González narra para adultos na Biblioteca Xela Arias de Chapela






Rematamos có programa Ler conta moito 2019 na súa categoría de Igualdade e Violencia de Xénero coa visita de Migallas Teatro e o seu contacontos “Elas pintan moito”.
Esta vez disfrutaron as nenas e nenos de 3º, 4º e 5º de educación primaria do CEIP Padre Feijoo de Allariz.
Gozamos dunha sesión de contacontos a partir da obra de diferentes pintoras onde se abordan a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida. Todo isto acompañado de música, moito humor e dun xeito moi participativo.
Pasámolo moi ben!!


O día 16 de outubro “Polo Correo do Vento” visitou a Biblioteca de Dodro e agasallounos coa historia ilustrada de Ángeles Alvariño, destacada oceanógrafa galega. Esta actividade supón unha loa á igualdade e as mulleres galegas que co seu traballo melloraron e seguen a mellorar a nosa sociedade. As pequenas e pequenos participantes aprenderon e desfrutaron moito coa mesma. Actuación que logo de pedagóxica resulta fundamentalmente necesaria.


Contacontos moi entretido, onde o público asistente divertiuse á vez que se reflexionaba sobre igualdade. Porque hai príncipas que loitan con dragóns, nos contos e na realidade.
Narración moi amena por parte de Pablo Sánchez, na axencia de lectura de Vilariño (Cambados).




A Pirata Carla e Daniela acompañáronnos, na tarde de onte, para facer desfrutar aos nenos e nenas da axencia de lectura de Castrelo con cinco probas piratas e reflexionando sobre igualdade.


O día 16 veu visitar a nosa biblioteca Cris de Caldas, cargada cunha maleta chea de contos para aprender a ver o mundo un pouco máis lila. Contounos historias que aprendeu da súa avoa con princesas que aprenden a loitar con dragóns o lavandeiras que son moito máis do que a xente pensa.




O martes 15 de outubro, chegou a Biblioteca de O Froxel, “Fco. A. Vidal”, David Merelas con “Contos do Avó”.
Mere Clown, lembrou de xeito divertido, moitas lendas de Galicia, por exemplo, contou a lenda de galo de Barrañán, que se remonta a tempos prehistóricos. Fala de que un galo entrou na furna de San Xián de Barrañán e, monte arriba, non parou de subir ata que saiu á luz nunha fonte que había nun lugar que, desde entón, se denomina O Galo. Tamén nos falou da Torre de Hércules. Segundo a lenda, o lendario héroe grego veu na busca do xigante Xerión. Para conmemorar a súa vitoria construiu sobre o túmulo, unha torre-faro e nas proximidades deste fundou unha cidade á que lle deu o nome de Crunia, como recordo da primeira muller que habitou este lugar e da cal o héroe se namorou. Os nenos disfrutaron e participaron moito.
A axencia de lectura de Oubiña (Cambados) converteuse, onte pola tarde, nunha gran zona pirata. Os nenos e nenas asistentes tuveron que pasar cinco probas para poder convertirse en auténticos/as capitáns piratas ao igual que a protagonista do conto Daniela.
Actividade moi dinámica e reflexiva coa igualdade, onde o público participou e gozou ao 100%, da man da relatora Carla.





O venres, 11 de outubro, Lorena Pinheiro desbordou simpatía e conquistou ao seu público dende o primeiro momento.

Unha super pirata visitou onte a axencia de lectura de Corvillón (Cambados), para encher de aventuras e reflexións sobre igualdade aos pequenos e pequenas piratas asistentes. O tempo pasouse voando!





Séguenos