Diagnosticando a igualdade na BPM de Bertamiráns (Ames)
O pasado martes 29 gozamos co Dr. Tilla e os seus contos, a través dos que aprendimos a enfrentarnos á horrible enfermidade que causa o virus do machismo.
O pasado martes 29 gozamos co Dr. Tilla e os seus contos, a través dos que aprendimos a enfrentarnos á horrible enfermidade que causa o virus do machismo.


Onte, na axencia de lectura da parroquia de Castrelo en Cambados, os nenos e nenas desfrutaron dunha tarde moi entretida grazas ao talento de Pablo Sánchez. Levou a cabo un contacontos multidisciplinar, onde fixo unha reflexión divertida sobre a igualdade, que captou a atención de cativos/as, nais e pais.


O mércores 9 de outubro tivemos a Charo Pita coa súa proposta para bebés.

Foi un rato moi ameno e divertido, xa que os bebés desfrutaron tanto coma as nais, avóas e pais.
Coa familia Papaventos coñecemos a moitos animais, cantamos cancións, bailamos e rimos.
Moitas grazas a Charo Pita pola súa visita!

O pasado luns, 7 de setembro, tivemos 2 pases na BPM Luis Rei a cargo de Caxoto, trouxo a biblioteca un conto no que os nenos e nenas interactuaban co contador. Unha activiadade didáctiva onde daba a coñecer varios dos instrumentos musicais de cultura tradicional galega como a gaita galega ou a pandereta. Foi un espectáculo moi recomendable.


O martes 8 de outubro, chegou á Biblioteca de O Froxel – “Fco. A. Vidal”, LUCAS REQUEJO da man dos seus “CONTOS POLA NOSA SAÚDE O ULTRALIMENTO IMAXINADO”.
Lucas, a través das súas historias do superhero “ULTRALIMENTO”, amosou os cativos e cativas a importancia dos alimentos como fonte de saúde, aprendendo e divertíndose coa receita das “bombas de saúde”, baseado en noces, abelás e cacao.

Onte mércores, Caxoto trouxo ó salón de actos da ALM de Vilariño en Cambados, un conto no que os nenos e nenas interactuaban co contador. Unha activiadade didáctiva onde daba a coñecer varios dos instrumentos musicais de cultura tradicional galega como a gaita galega ou a pandereta.
O luns 7 de outubro, Pedro Brandariz achegouse á Biblioteca de Portonovo para compartir con nós a súa proposta de Igualdade.

Tanto os maiores coma os cativos estiveron atentos, entretenidos, e bastante participativos tamén.
Temos que rachar cos estereotipos, e Pedro Brandariz puxo enriba da mesa o uso da cor rosa nas nenas e o seu rexeito por parte dos nenos: todos somos libres para poñer as cores que nos fagan sentir ben!

A pirata escarlata chegou á Biblioteca Pública Municipal de A Fonsagrada da man de Marisa Irimia. Así, as nenas e nenos usuarixs da escola infantil A Galiña Azul, puideron coñecer as súas aventuras e os seus soños para alcanzar un mundo en igualdade de xéneros. Ademais Marisa, na súa maleta, agochaba cousas fantásticas para estimular os sentidos. Que ben o pasamos!


O pasado sábado ás 12:00 visitou a biblioteca das Pontes Caxoto para falarnos dos micromachismos. A rapazada participou dando a súa opinión e desfrutando do contacontos. Rímonos, aprendimos algunas cousas e sobre todo reflexionamos sobre a necesidade de acadar a igualdade real entre homes e mulleres. Unha actividade moi recomendable. Xa estamos desexando ter de novo a Caxoto contando historias nas Pontes.


Séguenos