O espectáculo Mans chega á ALM de Vilariño!
O pasado xoves Pablísimo visitou a ALM de Vilariño. Nenos e pais puideron gozar dunha ristra de contos do máis diverso… e divertido coas mans como protagonistas!
Achegamos algunhas das imaxes…

O pasado xoves Pablísimo visitou a ALM de Vilariño. Nenos e pais puideron gozar dunha ristra de contos do máis diverso… e divertido coas mans como protagonistas!
Achegamos algunhas das imaxes…

As ALM de Cambados decláranse fans de Pablísimo e as súas sesións de contacontos sempre tan orixinais e creativas!
O pasado martes iniciou o seu periplo por Cambados, na ALM de Castrelo, onde os pequenos, e non tan pequenos, puideron gozar das divertidas historias que saen das súas… Mans!
Máis de 70 persoas achegáronse a pasar un rato agradable e a seguir celebrando que abril é o mes dos libros.
Velaí van algunhas fotos…


Actividade levada a cabo por PAVÍS PAVÓS, basada na nosa tradición oral.
Comezan interactuando individualmente con cada neno/a cun xogo de palmas para, a continuación, dirixirse a todos os asistentes.
Un conto a tamaño xigante: A casa de Xan, realizado artesanalmente, contado entre dúas persoas, Tareixa e Xacobe, envolve de expectación. Texto acumulativo que da pé á participación.
Arrolos, cantos e ladaíñas… Nun ambiente participativo entre adultos e pequenos, sempre pensando en que todo se poida continuar nas familias
Unha moi boa actividade para o úblico ao que vai dirixida, de 0 a 3 anos.
Boa oportunidade para fomentar o fondo de música infantil da Biblioteca.
Para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil, recibimos na Biblioteca Municipal do Grilo-Cacheiras (Teo) a Fuco, o ratonciño de Páxina oficial de Trinketrinke que non solo veu contarnos o conto de Riciños de Ouro, tamén falounos do seu fogar, das prantas que alí podes ver e cantar e xogar con nós. Unha auténtica delicia na que maiores e pequenos desfrutaron e participaron con este simpático roedor. E aínda deixounos de agasallo tres osiños feitos con globos… Non se pode pedir mais para celebrar este día.

O día 3 de abril, ás 12:30 horas, realizouse, na biblioteca municipal, unha sesión de contacontos a cargo de Manuel Solla Barragáns.
O espectáculo “Conto contigo” cautivou aos nenos e nenas asistentes que participaron activamente nos contos, trabalinguas e cancións que o animador propuxo ao longo da actividade.
O venres 18 de marzo tivemos con nós a Carmen Domech na Biblioteca Municipal de Ordes. O seu “Contacontos de libros contentos”, fíxonos disfrutar moito. O seu paraugas, precioso, está cheo de fermosas historias, e os libros cheos de aventuras….e de sorpresas!! Grazas a toda a xente que nos acompañou. FACENDO BIBLIOTECA!!!

O 2 de abril é o “Día Mundial da Literatura Infantil e Xuvenil” e tamén é o “Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo” polo que decoramos a biblioteca con globos azuis para participar na iniciativa “Light it up blue”. Ademais, ao rematar, todos os asistentes inflaron un globo azul e posaron con el para a foto.
“A falta de pan, bos son contos” Xarope Tulú
Atenea García achegou ata a biblioteca municipal do Grove un espectáculo de contacontos interactivo e participativo no que os xogos tiveron un papel fundamental para captar a atención da rapazada e facela implicarse na narración das diferentes historias que tiñan“O tempo da fame” como fío condutor.

Hainos delicadiños para comer. Hainos que comen os bens dun cura. Pero como ben din os que saben; o comer e o rañar todo o malo é empezar. Abride ben as bocas que aló vai a primeira bocada…

Fantástica mañá de sábado na compañía de Xarope Tulú

A contadora aproximou aos participantes a megullarse no mundo das emocións con unha chea de historias. Actividade intereactiva onde os participantes exploraron as súas emocións e disfrutaron participando nas historias que Andrea lles amosou.

Manuel Solla, de Expresión Producións, voltou á Biblioteca Ánxel Casal, a contar os seus contos, pero tamén a celebrar o Día Internaciónal do Libro Infantil, o sábado 2 de abril deste ano 2016.

Manuel leunos a mensaxe en forma de historia que a escritora brasileira Luciana Sandroni escribiu para conmemorar esta data, xunto coa ilustración de Ziraldo.

Manuel veu cargado de libros, bonecos e monicreques para representar a todos os personaxes que andan polos contos e as historias narradas.

Foi unha mañá moi divertida na que construímos outra biblioteca dentro da nosa biblioteca.
Máis información sobre este evento clicando aquí
O Domingo 3 de abril, grazas a Solidaridade Internacional de Galicia e da man de Irene, os nenos/as, nais e pais viaxaron a Guatemala para coñecer moitos detalles deste fermoso país: costumes, alimentación, paisaxes, música, baile… e un conto moi antigo. Actividade moi enriquecedora e participativa, na que os nenos/as descubriron Guatemala cos seus cinco sentidos.



Séguenos