CAMIÑOS DE MAGIN BLANCO NA ALM DE BAIÓN
Os nenos e nenas de Baión disfrutaron o día 10 de outubro do concerto de CAMIÑOS de Magin Blanco, no que o instrumento estrela foi a guitarra.


MAGIN BLANCO NA A.L.M DE BAION


Os nenos e nenas de Baión disfrutaron o día 10 de outubro do concerto de CAMIÑOS de Magin Blanco, no que o instrumento estrela foi a guitarra.


MAGIN BLANCO NA A.L.M DE BAION





Os rapaces e rapazas de Tremoedo tiveron a sorte de participar no obradoiro creativo da FABULA DO ESPANTALLO na que interactuaron cos Quinquilláns e co espantallo.
O xoves 11 de outubro puidemos desfrutar na ALM dos Tilos-Teo da adaptación de Títeres Cachirulo da obra de Valle-Inclán, “A Cabeza do Dragón”. Pensada para público infantil, pero que tamén poden desfrutar as persoas adultas, foi un espectacular despliegue de títeres creados por Carmen Domech, especialmente salientable a pelexa co dragón. Gran éxito de crítica e público e agardando por novas obras.

A cabeza do dragón na ALM Os Tilos
O pasado mércores tivemos a sorte de gozar na Biblioteca de Portonovo do espectáculo tan “doce” que nos ofreceu Teatro Calavera. Foi unha tarde preciosa, xa que o tempo acompañounos e puidemos ofrecer o espectáculo na praza da biblioteca, e así dar máis cabida aos espectadores. E despois entramos para facer o taller de masa de azucre que encandeou a todos os nen@s asistentes.

A verdade é que o público superou as nosas espectativas, xa que foron 43 nen@s os que cos seus pais, nais e avoas, achegáronse a gozar desta sesión. Iso sen contar as persoas que pasaban pola rúa e achegábanse a ver que ocorría na biblioteca.

Temos que agraceder de corazón o saber facer de “Antón” e “Tomasa” que nos fixeron pasar unha tarde inesquecible. Un pracer tervos na nosa biblioteca, e esperamos volver vervos por aquí 😉
O xoves 11 de outubro ás 11,30 horas o mago Pedro Bugarín actuou na biblioteca municipal de Monforte de Lemos para noventa nenos e nenas de 4, 5 e 6 anos. Durante unha hora mantivo o seu interés e sorprendeunos con varios números de maxia dos que os fixo participes tanto a eles como as súas profesoras.Todos o pasaron moi ben e dixeron que querian voltar en breve. 


Rematamos coas actividades do programa Ler conta moito 2018 coa visita do Pallaso Piruleta e o seu espectáculo ” A Aventura máxica na biblioteca”
Esta vez disfrutaron os nenos de educación infantil do colexio Padre Feijoo de Allariz.
Gozaron dun espectáculo cheo de fantasía, maxia e cancións que fixeron da ledicia dos mais pequenos.
Pasámolo moi ben!!


O Mércores 10 de outubro na ALM de Vilariño de Cambados, dentro do programa “Ler conta moito”, contou coa actuación de Carmen Domech, co seu espectáculo “Contos para pasalo de medo”.
Os nenos/as e as nais e pais quedaron abraiados cos contos de medo da señora Antonia, que a través de cinco historias, achegounos a un mundo de tebras onde, co humor, o amor e o terror, pasámolo de medo. Todos disfrutamos e non tivemos tempo de aburrirnos.

O CENSOR DE MONSTROS NA A.L.M. DE CORÓN

O censor de monstro
No día de onte os nenos e nenas da parroquia de Corón disfrutaron do contacontos realizado por Barafunda e puideron descubrir os fantasticos monstros e seres que habitan en Galicia. Unha viaxe a través das nosas terras que non poderán olvidar.
O sábado, 6 de outubro ás 18:00 horas na Sala Agustín Magán, visitounos Pablo Díaz coa maxia das súas letras, acompañado a guitarra por Diego Barral e presentounos o seu espectáculo infantil “Tic, Tac, Toc”, baseado no seu cuarto libro-disco.
Os máis pequenos/as cantaron e bailaron os diferentes ritmos que Pablo lles propuxo, pasaron unha tarde moi entretida.

Antón e Tomasa contaron un conto e despois fixeron brochetas de froitas recubertas de chocolate fondue cos asistentes ó obradoiro



Séguenos