O 25 de abril, Títeres Cachirulo ofreceu na Biblioteca Central de Cangas a súa estupenda representación de Alicia no país das marabillas, facendo as delicias de nenos e adultos.

Fátima Fernández o 20 de abril cos seus contos de animais respondeu e resolveu todas as dúbidas dos nenos e nenas que alí estiveron.

O 13 de abril todos os nenos e nenas disfrutaron cos contos marabillosos que Marisia Irimia recolleu de akí e de akolá.

O 6 de abril visitounos Cucarandainas para xogar ao vexo, vexo na biblioteca Ánxel Casal, a través dunha frase popular os nenos e nenas chegaron a un conto onde apareceron moitos e diferentes animais.

Manuel Solla fixo as delicias de 40 rapaces cun espectáculo no que mesturou títeres, maxia e contacontos. Pretendeu e conseguiu a participación activa de todos/-as.

O pasado venres 12 de xullo, ás 11:30 h, un nutrido grupo de nenas e nenos a partir dos tres anos de idade mantiveron un encontro literario con Miro Villar na Axencia de Lectura Municipal de Carnota. Os participantes asistiron á narración oral de tres contos rimados do autor (Carlota e a gaivota patiamarela, Rebelión na charca e A cobiza do verme Noel) acompañada de proxeccións das súas correspondentes ilustracións.

o día 4 de xuño a biblioteca de Lourenzá celebrou o día do medio ambiente co conto titulado Violeta a carteira volvoreta a cargo da As. Mau. Onde os participantes aprenderon o valor polas nosas fragas e fauna

o día 23 de abril a actriz Raquel Galavis deleitou aos nenos e nenas poñendo en escea o conto de”Elvis ” acompañando a actuación con música de guitarra.
A actividade desenvolveuse o 23 de abril para rapaces de 4 a 12 anos no salón de actos Na Casa da Cultura.Raquel Galavís caracterizada do principiño narrou a historia referente a Madagascar e ao mesmo tempo proxectaba imaxes polo que os participantes descubriron unha cultura, flora e fauna diferente dun xeito moi particular, asi como a ilusión e a esperanza.

O pasado venres 5 de xullo a Biblioteca Casa dos Fraga de Cambados inaugurou por todo o alto as actividades infantís de verán, grazas ao espectáculo de Chrystyan Magic “Na senda da serpe alada”, que mesturaba lectura e maxia. Máis de 50 persoas, entre pais e nenos, gozamos dunha sesión divertida e chea de sorpresas!


Séguenos