“Grandes éxitos 2004-2024 (cantar e contar)” con Caxoto na Biblioteca Pública Municipal José Saramago do CSC de Fontiñas

O martes, 23 de xullo, os/as cativos/as de Fontiñas pasaron un rato moi entretido grazas a Caxoto, que celebrando os seus 20 anos percorrendo Galicia enteira coas súas actuacións, volveu a engaiolar aos presentes cos seus contos e cancións, recuperando algúns dos versos máis populares de Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Alfonso Daniel Castelao… e solicitando a participación da cativada co retrouso. Foi unha mañá moi animada!
Moitas grazas e moitos parabéns!!




















Séguenos