Sábado 25 de setembro, nenas/os asistentes aos “Contos da Bruxa Chispum” na Biblioteca de Betanzos



A Asociación Lucense de Tempo Libre foi a responsable de impartir a actividade de Robótica educativa. Creatividade inspiradora. Coma o tempo de duración é de 120 min e a demanda foi xenerosa, ofreceron a posibilidade de facer dous grupos e incluso traballar máis tempo do pactado. As sesións resultaron moi amenas e instructivas. Construiron robots con pezas de lego que animaron con movemento, luz e son a través do programa scrath, para o que lles facilitaron unha tablet. O monitor foi paciente, claro e moi organizado.
Recomendoa polo interese que esperta nos nenos/as e pola bo traballo e dispoñibilidade da Asociación Lucense de Tempo Libre.

A actividade foi moi dinámica e divertida con boa implicación por parte dos participantes. O espazo estaba decorado de forma temática.
Empregando as distintas pistas a rapazada conseguiu resolver os enigmas e así poder abrir a gaiola que contiña as variñas máxicas.




Moita emoción e interés neste obradoiro para aprender a redactar, locutar e editar un podcast no CSC de Vite do Concello de Santiago. Unha actividade moi dinámica e completa na que empregáronse técnicas de locución, teatro e dobraxe e na que nenos/as e mozos/as pasáronno en grande e descubriron toda a potencialidade dos postcad como recurso comunicativo e didáctico, no que resulta clave pensar de forma integral para realizar unha boa producción.
Obradoiro no que Andrea Barreira Freije combinou a lectura de relatos de distintas autoras de terror (Mary Shelley, Shirley Jackson, Pilar Pedraza entre outras) coa escritura.
Os participantes aprenderon a construír o seu propio relato de terror.

O 10 de setembro tivo lugar en Lourenzá un magnífico obradoiro de robótica, onde os/as asistentes descubriron un xeito divertido o mundo da ciencia

Celebróuse un obradoiro creativo que o tema foi Xela Arias (nada en Sarria). Xugándo ás cartas, os nenos pasaron un momento moi divertido e animado. Demostraron aos adultos (pais e nais) o que saben non só de Xela, tamen referente as Letras Galegas.

No centro sociocultural das Fontiñas do Concello de Santiago, Ramón Torrente realizou con nenos/as un obradoiro de creacontos para nenos/as no que poideron descubrir as mil e unha variables que pode ter un mesmo conto.

Obradoiro “Faremos un cartel” na BPM de Irixoa

Os nenos e nenas do campamento realizaron un obradoiro na Biblioteca de Irixoa, co ilustrador Michel Casado, no que crearon un cartel,
Gemola achegou ata a Axencia de Lectura de San Vicente un interesante obradoiro de ciencias.

A rapazada asistente aprendeu a facer sinxelos experimentos como Gusanos bailaríns, letras de cristal, arco iris líquido, globos máxicos… dunha forma moi, moi divertida.

Pode que de aquí saian futuras científicas e científicos.



Séguenos