Breixo e o Rei Mago de Dornavela na Biblioteca do Grilo
Moi ben o pasamos coa combinación de narración oral e debuxo que tivemos para coñecer a historia de Breixo na Noite de Reis. E para rematar un pequeno obradoiro.

Moi ben o pasamos coa combinación de narración oral e debuxo que tivemos para coñecer a historia de Breixo na Noite de Reis. E para rematar un pequeno obradoiro.

Este Luns, 25 de Outubro, tivemos a ocasión de divertirnos e aprender robótica na Biblioteca. Celebrando así tamén o Día das Bibliotecas deste ano.
Un grupo de 12 rapaces e rapazas, crearon os seus propios robots e os levaron despois para casa, logo de ver cómo funcionaban.




O pasado venres 22 de outubro celebramos o Día da Biblioteca co obradoiro do Faiado de Nin: A arte de ler: deseño de bolsas e mochilas para grandes lectores/as.
Nesta actividade, o publico asistente personalizaron bolsas e mochilas de tea con deseños relacionados coa lectura, empleando diversos materiais como retais, abalorios, etc. dando renda solta a súa imaxinación.
O obradoiro foi moi entretido para as nenas e nenos que participaron.

O 21 de outubro celebramos o Dia das Bibliotecas (24 outubro) con dúas sesións de contacontos da man de Teatro Calavera titulado “Os contos da bruxa Chispum” e cun obradoiro posterior na que os rapaces elaboraron unha pócima fluorescente. Este contacontos foi posible grazas ao programa Ler conta moito.
Esta vez os nenos que asitiron foron nunha primeria sesión, nenos do CRA Amencer de Educación Infantil, 1º e 2º de primaria e nunha segunda sesión, nenos de 4º de primaria do CEIP Plurilingüe de Ribadavia.
Asi de ben o pasaron ambos grupos:



O pasado día 22 de outubro tivemos a oportunidade de pasar unha tarde moi agradable co can de terapia de EnCANTO (intervencións asistidas con animais) dentro da actividade de animación á lectura do libro Vivan as uñas de cores! de Alicia Costa e Luis Amavisca, que arrincou os sorrisos e afectos dos alí presentes.

Un conto imprescindible que nos fai cuestionar a maneira que temos de xulgar aos demais e o necesario que é deixar de banda os prexuízos.

Día 22 de outubro de 2021 ás 18:00, biblioteca de Escairón
Celebramos o mes das bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
da man de Andrea Barreira Freije
o 22 de outubro, ás 18:00 na biblioteca
Achegámonos á técnica da narración escrita, concretamente no xénero de terror.
Con Andrea lemos algúns fragmentos de novelas ou coñecidos relatos de terror escritos por mulleres e identificamos espazos, situacións, persoas e tempos nos que as persoas adoitamos sentir medo.

Partindo desas ideas, rematamos escribindo cadansúa historia de terror seguindo as indicacións de Andrea, e só quen non tivo medo de ler a súa, compartiuna co resto do público.

Unha actividade terrorificamente divertida!

Neste obradoiro, realizado o día 20 de outubro, as crianzas participantes debuxaron e colorearon seres míticos de Galicia.


Día 15 de outubro de 2021 ás 18:00, biblioteca de Escairón
Celebramos o mes das bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
da man de Xosé Manuel, Hermánager
o 15 de outubro, ás 18:00 na biblioteca
Achegámonos á técnica do debuxo de personaxes a través de personaxes coñecidas (como Lisa Simpson) e fixemos figuras ás que relacionamos con algunha das aplicacións que temos nos nosos teléfonos móbiles.
Non é difícil identificar que está a facer unha personaxe cando vemos a “icona” da rede social que está a usar, por exemplo o Whatsapp:



Séguenos