PAPELARTE
Outro obradoiro rematado na Biblioteca de Celanova. as ganas de pasalo ben e a creatividade son os mellores aliados para o verán
Outro obradoiro rematado na Biblioteca de Celanova. as ganas de pasalo ben e a creatividade son os mellores aliados para o verán

Con “Tralará, Contos, Obxectos e Música”, Marta Ortiz conxurou a atención divertida dos máis pequenos e das súas acompañantes, nunha actuación ao aire libre dunha espléndida mañá de agosto, na entrada da biblioteca.


O pasado 26 de xullo na Biblioteca Municipal de Paderne tivo lugar un divertido Obradoiro de chapas da igualdade. Un total de 56 nenos e nenas de entre tres e catorce anos pasaron una entretida mañá de venres facendo e debuxando chapas ó tempo que se traballou o tema de igualdade e violencia de xénero
O mércores, 31 de xullo, visitounos en Vilar de Santos, Marta Ortiz coa sesión de contos “Casa, casiña, casona”, na que descubrimos distintos tipos de casas, grandes e pequeniñas (a da lúa, a do grilo, a da raposa…).
Pasamos unha mañá moi amena e entretida na que os máis pequenos e as súas familias puideron desfrutar dos seus contos e das súas cancións.
Unha actividade sen dúbida moi recomendable.

Co espectáculo para bebés “Levántate Xan” despediron o curso do P.A.I. do concello de Bóveda da man de Felipe Díaz “Caxoto”

Coma sempre un éxito asegurado para mamás, papás e bebés.




O día 31 de xullo tivo lugar na praza do Concello o Obradoiro, Zonchos, colares que salvan as ánimas impartido pola Curuxas.
Unha actividade moi interesante e moi relacionada co noso concello, ao tratar temas tan interesantes cos adornos e símbolos protectores da natureza. todo elo tendo en conta que este concello é un gande produtor de castañas e celebra o samain e a colleita das castañas.
Os máis pequenos pasárono moi ben.
Esta mañá, os nenos e nenas do campamento de verán participaron na actividade “Camiño a Compostela”, organizada por Ela Sabe. Durante esta experiencia, convertéronse nun grupo de peregrinos e peregrinas que avanzaron cara a Compostela nun xigantesco xogo da oca. Ao longo do percorrido, coñeceron historias reais de persoas que fixeron o Camiño ao longo da historia, inventaron cantigas, resolveron adiviñas e descubriron a relación entre as viaxes, os libros e a liberdade. Foi unha actividade chea de aprendizaxes e diversión, que lles permitiu explorar a riqueza cultural e histórica do Camiño de Santiago dun xeito lúdico e interactivo.



O martes 30 de xullo celebrouse un contacontos organizado por Antela Editorial. A sesión incluíu historias breves e participativas, e para finalizar realizouse un obradoiro de rimas, fomentando a creatividade e a colaboración entre os asistentes.

Agradecemos a todos pola súa participación e agardamos vervos en futuros eventos.
A ACTUACION DE MUSICA MIUDA NA BIBLIOTECA DE AVION CONTOU CON GRAN ASISTENCIA DE PUBLICO QUE CANTARON E BAILARON O SON DA MUSICA NUN DIA MOI DIVERTIDO.


Séguenos