Raquel Queizás visita a biblioteca de Covelo.

O venres 9 de agosto tivemos a visita da exploradora Raquel Queizás que coa narración dos seus contos e a participación dos nenos e maiores pasamos unha tarde moi divertida.

O venres 9 de agosto tivemos a visita da exploradora Raquel Queizás que coa narración dos seus contos e a participación dos nenos e maiores pasamos unha tarde moi divertida.
No día de onte Alba Ibañez Farto achegouse ata a bilbioteca pública municipal para impartir o taller “Debuxar as Letras” un taller de iniciación ao mundo do lettering.
Preto de 40 nenos e nenas do campamento de verán Concilia 2024 podeiron disfrutar da actividade.
Deron os primeiros pasos na técnica do lettering debuxaron letras con pincel, tinta, rotuladores,… cada participante creou a súa propia obra. Traballaron a creatividade, a relaxación e a concentración.

O xoves día 8, o mago Albert estuvo na biblioteca de Beariz facendo os seus trucos de maxia.
Todos quedamos encantados.

Foi moi divertido.
Esperamos verte pronto!

Alba de Vales
Espectáculo familiar , que orientou aos máis pequenos do municipio.
Contos arredor da Terra falanos de persoas, especies, culturas que morren e se volven terra.
Arredor da Terra xiran os nosos oríxenes e os ciclos de vida na Terra; porque á Terra tamen se lle pode falar.
Xiraremos pola Terra que nos habita reconocendo os seus contos e experiencias singulares, da man da trobadora Alba de Vales co seu tamboril de paus tradicional.


Este 7 de agosto, os nenos do campamento de Vilasantar disfrutaron dunha mañan de maxia, co espectáculo do Mago Charly, por medio da biblioteca e o programa ler conta moito
Os nenos/as e as súas familias disfrutaron dunha actividade na Festa de Fin de Curso do Punto de Atención á Infancia. A través das aventuras de Dori os bebes experimentaron cos sentidos, coa música e os efectos luminosos nunha sesión moi divertida de contacontos.
Os cativos/as da biblioteca pública de O Irixo, desfrutaron da bonita experiencia de descubrir como se crea, edita, revisa, etc un libro da man de Cuarto de inverno S.coop Galega. A interesante historia de como as follas de unha árbore, se convirten con moita arte en follas de libros cheas de aventuras.
Ademais puideron realizar o seu propio libro, que acabarán de enches coas diversións que lles acontezan durante o verán.

O 5 de agosto realizouse dende a Biblioteca de Bergondo a actividade “Filipa cos contos 2024”. Un contacontos cheo de historias e música no que todos os asistentes puideron gozar e participar

O padado día 5 de agosto 38 nenos/as realizaron a actividade Olimpiada tecnolóxica-Robótica creativa con Leader Dreams. Durante hora e media aprenderon de forma lúdica conceptos básicos de programación, robótica e electrónica, con robots de “LEGO Mindstorms”, “LEGO Spike”, esferas intelixentes “Sphero Mini”, drons e outros dispositivos electrónicos. Os/as participantes divertironse co diferentes retos: carreira de robots, composición de melodías, lásertag, etc.

O “Pequeno Cabaret Infantil” de Nelson Quinteiro chegou a Catoira o pasado sábado 3 de agosto. A calor acumulada na biblioteca obrigounos a sacar o espectáculo á rúa, ao que se sumaron pequenas/os e maiores, que gozaron dun divertido show que combina a narración oral coa música e o humor.



Séguenos