Unha viaxe creativa polas estacións do ano









O día 10/07/2024 na Biblioteca municipal Segundo Gil Davila de Arbo tivo lugar esta actividade centrada na importancia la leitura e a evolución histórica dos libros, na que os cativos puideron aprender cómo se facían os libros antigamente, e cómo se fan agora. O obradoiro foi moi participativo, e os nenos ata tiveron a oportunidade de crear e maquetar os seus propios libros que levaron para casa. Unha aprendizaxe moi boa e interesante para fomentar a leitura e a escritura dende novos.
A actuación comezou ás 11.30 h e rematou ás 12.30 h; acudiron un total de 30 nenos e nenas de seis a trece anos de idade, e 2 adultos.
Onte visitounos a toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza con experimentos moi interesantes e divertidos para os nenos e nenas de Ourol. Unha actividade moi amena e participativa que lles encantou.
Na biblioteca de Esgos hoxe fixemos moito con cousas pequenas: reutilizamos materiais que temos pola casa para construir novos xoguetes.


O luns 8 de xullo Sabela coa súa expresividade e talento, captou a imaxinación dos máis pequenos.


Disfrutamos dunha narrativa participativa chea de aventura e fantasía.
O martes 2 de xullo contamos cun espectáculo onde o mago conseguiu fascinar os máis pequenos coa súa habilidade, realizando ilusións visuais, xogos de cartas e aparicións sorprendentes.


A participación activa dos nenos, que se convertiron en axudantes de mago, deu un toque especial á experiencia.
Proceso creativo realizado polos asistentes ó obradoiro “Un conto volto a contar”
No día de onte estivemos no baixo da Biblioteca de Caión, no Centro Sociocomunitario de Caión, cunha proposta educativa e inspiradora a un tempo. Ramón Gato convidounos nunha viaxe a través dos malabares, para coñecer os grandes nomes das persoas científicas do noso tempo. Newton, Pitágoras, Marie Curie ou Tales entre outros, foron algún dos nomes que tivemos a oportunidade de coñecer grazas ao convite de Ramón.
Unha proposta dinámica, divertida e didáctica a un tempo, na que nenas e nenos son partícipes. Unha aposta curiosa, interesante e inspiradora para a programación de verán de Caión!

O venres 28 recibimos a visita de Cris de Caldas para falarnos dunha bibliotecaria un pouco estrafalaria. Actividade de narración oral combinando álbumes infantís con distintas características para conseguir que a rapazada desfrute da narración sempre apoiada nos libros e espertar o interés pola lectura.

A bibliotecaria estrafalaria 2.0 de Cris de Caldas na BPM de Os Tilos-Teo
A biblioteca municipal de Muros saleu a rúa para facer unha festa con Paco Nogueiras.
Nin a choiva impideu que cantaramos, b.ailaramos e disfrutaramos da tarde



Séguenos