Astrolabios de Tarabela Creativa en Laxe




O mércores 11
de outubro na Biblioteca Municipal de San Cibrao das Viñas, nenos e nenas de entre 6 e 12 anos realizaron uns bonitos murais e aprenderon unha morea de cousas interesantes sobre diferentes mulleres inventoras que existiron ao longo da historia e os seus importantes inventos.
Todos pasámolo moi ben nesta actividade tan interesante e creativa.
O pasado 13 de outubro tivo lugar un contacontos con títeres na biblioteca municipal. Tres historias diferentes que trataban sobre os monstros, Onde viven os monstros, adaptación da obra de Sendak, Os monstros de cores, de A. Llenas e unha obra propia onde fala dos monstros perxudiciais que podemos atopar nos pratos precociñados. Os rapaces estiveron moi participativos e gozaron co espectáculo.

O pasado sábado 14 de outubro visitou a biblioteca de Sada o Mago Paco, que lles descubriu aos asistentes que os libros poden esconder moita maxia.
Os nenos e nenas gozaron moito dun espectáculo de animación á lectura divertido e participativo.

O día 14 de outubro tivo lugar na sala multiusos do Concello de Viveiro a actividade Contos do Mundo: as Viaxes de Irene. Os nenos e nenas de Viveiro viaxaron coa imaxinación ata Guatemala e outros lugares para coñecer culturas diferentes , poñendo en valor as distintas tradicións e ver o mundo con unha ollada positiva.


O martes 10 de outubro continuando as sesións de contacontos, Anxo Moure, “Carballo con Botas”, chegou á Biblioteca de Outes portando unha carta dos bosques para que os nen@s aprendan a coidar da terra e das árbores.
Despois de contar as historias deulle a cada neno un zapatiño de cartón e saímos ao souto que hai ao lado da biblioteca para abrazar as árbores.

Este venres os nen@s pasárono en grande coa “Nube de Artear” e o seu obradoiro de robótica educativa.
Aprenderon o que significan os robots nas nosas vidas e que sen nós eles tampouco existirían.
Moitas grazas.
Onte pola tarde tivemos na nosa biblio a actividade Robótica na biblioteca, unha actividade realizada por Átomos.
Achegamento ao noso fondo relacionado co mundo da robótica e elaboración dun robot que cada participante puido levar par a súa casa.
Actividade moi didáctica e moi entretida.
Gustou moito.


Na tarde do mércores recibimos na ALM de Buxantes a visita do mago Dani García coa actividade Escola Galega de Ilusionismo.
Un pequeno espectáculo seguido dun obradoiro no que as persoas asistentes aprenderon algúns efectos máxicos cos que sorprender a futuros auditorios familiares e amistosos.
Actividade moi entretida.

As alumnas e os alumnos de Segundo da ESO do IES O Mosteiron, de Sada, gozaron moito de “O Mundo da Dobraxe”.
A biblioteca organizou dúas sesións para que os grupos fosen reducidos e a actividade fose máis participativa. Así, todos os asistentes puideron converterse en actores e actrices de dobraxe por un día, e saíron encantados da experiencia.



Séguenos