Os contos da leiteira da mande OQO dá voz a historias de mulleres representadas por animais, cotnos de heroínas, galiñas valentes, leóns amorosos ou gatos facehndosos que os fan concienciarnos para que a igualdade sexa unha realidade. 


O pasado martes 17 de outubro contamos en Tordoia coa actuación de Bandullo axul con este espectáculo no que se cambian as persoanxes das historias e os roles dándolle un xiro ás historias e cambiando os contos.
O Mago Paco veu hoxe a Trazo a facer as ledicias dos nenos e nenas con este espectáculo de animación á lectura .
Mesturou xogos con contos e trucos de maxia. Diversión e contos a partes iguais.


Tania Justo animou unha chuviosa tarde de outono cos seus contos cantados para a rapazada tudense, foi unha gran alegría ter a oportunidade de escoitala.




As nenas e nenos asistentes pasaron unha tarde deliciosa cos monicreques que se moveron por diferentes escenarios e lograron manter a atención en todo momento.
Realizouse o día 18 de outubro de 2023.

O ilustrador Óscar Villán ofreceu, este mércores pola tarde, unha amena charla na Biblioteca Central María Pita sobre os segredos da súa profesión. O encontro co pintor e ilustrador, un dos profesionais máis notables do panorama da ilustración de libros infantís, achegou ao público cambrés, ao proceso de ilustración dun libro e ás posibilidades que ofrece o mundo do debuxo, do libro ilustrado e da arte en xeral.


O tema principal a maxia, facendo un viaxe a través da historia e da evolución deste mundo fantástico e intrigante para pequenos e maiores


Séguenos