O pasado venres 10 de Outubro gozaron dunha tarde diferente grazas á Compañía Trémola Teatro que trouxo á Biblioteca Municipal de Salceda ” A festa de Leo”, unha obra pensada para nenos/as de 0 a 3 anos , protagonizada por Leo , o león máis curioso da selva.
A actriz Paula Regueiro conseguiu que pasasen un rato realmente divertido que fixo as delicias ata dos máis pequenos da sala.
Un espectáculo moi ben recibido polos asistentes e que foi o peche perfecto para as Actividades de “Ler conta moito” das que disfrutamos.
Ata a próxima!!!

O venres, 10 de outubro, a educadora ambiental e contadora de historias Inma Soto visitou a vila de Sarria para presentarnos a Xela, a protagonista do conto que ela mesma edita xunto a Clara Cerviño.
Que ben o pasamos coñecendo as aventuras de Xela na aldea, amais de aprender o importante e necesario que é coidar a natureza. Volve axiña!!






O pasado venres, 10 de outubro, tivemos na Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo (A Barcala-Cambre) unha sesión de contacontos manipulativo dedicada ao proceso de creación do libro.
O sábado, 11 de outubro visitounos o noso amigo PAKOLAS e presentounos unha proposta musical-narrativa que nos contou a historia da Meiga Ecoralia, que nos ensinou a través das súas cancións e contos a importancia de consumir alimentos ecolóxicos, para coidar o medio ambiente, combater o cambio climático e garantir o benestar animal. Vivimos unha tarde moi rockeira e aventureira cos súas cancións.
Grazas Pakolas por este día!!

Ata a vindeira visita…
O martes 7 de outubro comezamos as sesións de contacontos co espectáculo de actor e monicreques “As peripecias de Xurxo” de Malasombra.
A través dos contos trata o bullying e o acoso ao diferente e axuda aos máis pequenos a entender un tema tan complexo. Historias coma a de Rufus, un morcego que adoraba as cores e que case perde a vida por ser diferente.
Pasamos unha tarde moi entretida entre tantas “peripecias”.

Onte 10 de outubro visitounos na biblioteca Charo Pita e o seu contacontos “Da cabeza aos pés”, unha actividade duns 30 minutos e que deixa con ganas de máis. Os nenos e nenas dérono todo, estiveron moi atentos e Charo soubo engaiolalos moi ben, nótase nela a súa experiencia e bo facer.

O mércores 8 de outubro, tivemos a visita de Charo Pita, coa sesión:

“A corpo contado”. Os nenos e nenas xunto cos seus pais, puideron disfrutar coas narracións dos contos que Charo puxo en escena: “A visita”, “Valentina nunca calas e o monstro da media cara”,
“Polo Camiño”,”Una rana?”. Houbo tamén tempo para cancións, onde os nenos participaron aos coros.
Foi unha sesión moi divertida, que disfrutaron a partes iguais, nenos e maiores.

Na Biblioteca Rialeda as nenas e nenos gozaron dun entretido obradoiro no que construíron un coche eléctrico cunha combinación de pezas de lego,
pequenos motores e elementos decorativos.
Mediante tablets e unha aplicación informática programaron o movemento. Unha vez montados, realizaron pequenas carreiras.
Carlos, o monitor, estivo moi pendente de cada un/unha e guiounos con moi bo humor e amabilidade. Foi unha tarde inesquecible!!!



Séguenos