Cheo total da Biblioteca Varela Jácome de Lalín cos contos do gato de Bandullo Azul!!
O gato Fazulas contounos unha morea de historias.
O gato Fazulas contounos unha morea de historias.
Hoxe desfrutamos dunha sesión de narración oral chea de humor, música e participación, coa que o alumnado de 5º e 6º de Primaria do CPI de Pontecesures divertiuse a cachón: cantaron, bailaron e aprenderon sobre a importancia de coidar o medio ambiente e respectar a natureza a través dos contos e das mensaxes que nos trouxo Carballo con Botas.
A compañía Lalá Teatro trouxo unha chea de sorpresas á nosa biblioteca, houbo contos, xogos, cancións e unha moitas emocións co seu espectáculo para bebés “Estás como unha cabra”.

Onte, 15 de outubro, resolvimos un crime na Biblioteca do Barqueiro, grazas ao equipo de biotecnólogos dirixidos polo divulgador científico Manuel Vicente, responsable do programa Efervesciencia, da Radio Galega.




Unha tarde diferente, lúdica e moi educativa tanto para a rapazada, como para as persoas adultas que asistiron. Aprendiamos moito do ADN, con ferramentas e produtos que temos nas nosas cociñas, que é a biotecnoloxía e as semellanzas entre os científicos e os detectives das novelas.

O día 15 de outubro tivemos este interesante obradoino, no que cada participante creou un monicreque de culler partindo do seu personaxe de ficción preferido, o que deu como resultado un marabilloso grupo de figuras divertidas e orixinais.



O pasado xoves na Biblio de Sanxenxo, nenas e nenos xunto cos seus pais e nais disfrutaron da aventura de Ecoralia, cos seus alimentos ecolóxicos e como coidar o bosque… Risas e moitas cancións que os nenos cantaron acompañando a Pakolas na sua proposta musial-narrativa pasando unha tarde moi divertida.
Onte día 14 de outubro, visitou a Biblioteca do Froxel “Fco. A. Vidal” de Arteixo, BETTY QUEIRO coa súa proposta de atopar o teu camiño. Unha actividade baseada nun conto “podes atopar ou teu camiño” dun grupo de estudantes que atopan seu camiño a través de ideas valiosas grazas a súa curiosidade e creatividade naturais, e aprendendo inglés e galego nunha actividade musical moi divertida e interactiva coa rapazada.
Ao final da actividade os nenos e nenas, todos xuntos, realizaron un debuxo con moito colorido e imaxinación.



Este martes 14, a Biblioteca Municipal Os Templarios (O temple – Cambre) acolleu, ‘No monte’, un interesante obradoiro sensorial que conecta a aprendizaxe coa experiencia directa, poñendo en valor a nosa relación co medio natural.
Eduvía presentou onte en Tordoia un contacontos sensorial na que os pequenos e pequenas puideron compartir esta experiencia coas palabras, cantigas e contos á vez que puideron manipular obxectos e gozar desta experiencia.




Séguenos