Pipo, o paxaro que non sabía voar
Unha sesión espectacular grazas a Maite que conseguiu que os nenos desfrutaran a tope desta narración cun gran fío de seguimento coa historia e coa artista que deixou unha boa sinal da súa profesionalidade.
Unha sesión espectacular grazas a Maite que conseguiu que os nenos desfrutaran a tope desta narración cun gran fío de seguimento coa historia e coa artista que deixou unha boa sinal da súa profesionalidade.
Fantástico broche final para a nosa programación de Ler Conta Moito e celebración do día das bibliotecas este venres 24 de outubro. Cativos e maiores pasáronno en grande coas aventuras da nena Mariña e os seus amigos. Grazas Alba Bermúdez.

O venres 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas por todo o alto. Acompañáronnos Andrea e Martín da Editorial Cuarto de Inverno que nos ensinaron como é a viaxe dun libro, dende a primeira idea para comezar a escribir ata a súa saída da imprenta. Aprendemos moito tanto nenos coma adultas de como é o proceso de encuadernación artesanal. Aínda que ás máis maiores nos costou un pouco o fío e a agulla, marchamos todas para casa cunha libreta feita por nós.
Mil grazas a Cuarto de Inverno por facelo posible.


Participantes do Obradoiro de Memoria da Biblioteca de Moeche cantando a Rosalía con Jara Ortiz, aos sons da súa voz, con bombo e pandeireta.
Actividade programada como celebración do “Día das Bibliotecas”, o 24 de outubro.

Nenos e nenas de Moeche na biblioteca, moi interesados facendo experimentos científicos cos alimentos.
A actividade foi programada como parte da celebración do “Día das Bibliotecas”, o 24 de outubro
O pasado 24 de Outubro, de 18:00h. a 19:00h., para celebrar o DÍA DA BIBLIOTECA e dentro do conxunto de actividades de fomento á lectura e animación cultural da Biblioteca de Verín, no programa LER CONTA MOITO da Xunta de Galicia; tivemos a actividade «A cabaza encantada» con Teatro Calavera.
Prazas limitadas para socios/as de 3 a 9 anos, Prazo de inscrición a partir das 10h. do luns 20 de Outubro.
IMPORTANTE: Informar e asinar AUTORIZACIÓN SOBRE ALERXIAS DE PRODUTOS ALIMENTICIOS.
Senopse da actividade: Conto teatralizado e obradoiro de cociña. Os nosos protagonistas, O Cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa viven unha nova aventura para rir de medo. Un día Antón plantou unha semente, nunha maceta corrente, botoulle auga e terra e mantívose á espera. Agardou e agardou e co tempo medrou…unha cabaza! Era unha cabaza especial, á que lle gustaba asustar.
Máis info Teatro Calavera: https://www.facebook.com/Teatro-Calavera-1044018725612341
Ver reel Instagram: https://www.instagram.com/reel/DQMuBXTCFFb/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==
Ver máis imaxes: https://www.instagram.com/p/DQM1GPUCDhF/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==
O pasado 24 de outubro no Concello de Paderne celebramos o Día da Biblioteca cun espectáculo de maxia no que o mago Pedro García Bugarín fixo que o publico pasara unha divertida tarde. Sen
dúbida un acerto xa que é un show dirixido a tódolos públicos, moi participativo e ameno.

Este venres , a Biblioteca Municipal de Cordeiro celebrou o Día das Bibliotecas con Helder da Compañía Garabullo e Pirula, enseñáronnos que con moita imaxinación e gran empeño podemos crear
inventos marabillosos.


A última cita, esta vez en domingo, é para os máis pequenos. Un contacontos para bebés muy didáctico , visual e sobretodo educativo para os máis pequenos.



Séguenos