AUTÓMATAS
Rematado outro obradoiro de verán na biblioteca municipal na que os rapaces disfrutaron e aprenderon facendo os seus propios autómatas
Rematado outro obradoiro de verán na biblioteca municipal na que os rapaces disfrutaron e aprenderon facendo os seus propios autómatas
O sábado día 15 tivemos un obradoiro creativo nos alrededores da biblioteca de Covelo, impartido por A Naturoteca.


O pasado venres o Mago Charlie fixo pasar unha mañá superdivertida á mocidade de Aranga, cunha actuación mistura de ilusionismo, mentalismo e humor ácido para todas as idades.



O pasado día 12 de xullo,a actividade realizada por Moc Moc foi participativa e dinámica durante toda a actuación.A través da música e o movemento,concienciaba da necesidade de relacións grupais para o baile,a lectura e actividades na natureza.
O día 12 de xullo, “SOLOVOZ” representou no Barco de Valdeorras “A orquestra de camarote” , a fabulosa historia do príncipe Lorenzo, os rapaces e os adultos acompañaron os artistas neste fabuloso percorrido polo mundo, cantando, bailando e desfrutando a tope.


Este mércores día 12 estivo na Axencia de Lectura de Vilasantar “Mircromina teatro de Titeres”. O nenos aprenderon a reciclar e a construír bonecos articulados con cartón, a súa imaxinación fixo o resto.



O pasado martes tivemos este interesante e divertido obradoiro de ciencia en Ourol. Os rapaces/as pasaron un momento moi entretido e cousas sobre o mundo da microbioloxía
O pasado venres os cativos de Santiso, reivindicaron a igualdade a través de chapas. Pasárono xenial e crearon deseños estupendos.


O pasado sábado, 8 de xullo, a ilustradora Estefanía Padullés visitou a carpa da Praza dos Libros de Carballo e ofreceunos toda unha clase maxistral de debuxo para presentarnos o seu último traballo “A miña cadeliña”, escrito por Francisco Rodríguez Iglesias e editado por Hércules.
Contounos a historia do libro cos seus debuxos en directo e foi interactuando cos asistentes, que quedaron marabillados co seu talento.
Na Praza dos Libros de Carballo, ademais de presentacións literarias e concertos infantís tamén facemos obradoiros!
Neste caso, a cargo de Antía Yáñez, que nos visitou á carpa da feira para ensinarlles a un grupo de 15 nenos e nenas un lote de experimentos científicos do máis sorprendentes, nos que as reaccións químicas dan lugar a verdadeiras curiosidades e efectos vistosos. Cantas aplicacións ten a ciencia!



Séguenos