Maxia para soñar con el Mago Marco



Contacontos baseado nos libros pop-up a cargo da narradora Fátima Fernández para público familiar.
O pasado sábado día 2 a BPM de Oroso encheuse de pequenos/as científicos/as da man de Ciencia Divertida.

Este martes 5 de outubro acellemos na Biblioteca de Paiosaco o contacontos de Naturizo a cargo de Sarabela Teatro. Un conto para cultivar a imaxinación, aprender a importancia de cuidar o medio ambiente, o reciclaxe e a protexer os nosos animais.

Na tarde do martes 5 de outubro a rapazada de entre 11 e 13 anos puido gozar dos fondos e servizos da Biblioteca Central Municipal de Cambre dun xeito moi especial. Antía Yáñez propuxo un divertido xogo de pistas que nos levou por toda a sala, descubrindo e rescatando lecturas ben saborosas. As rapazas e rapaces de Cambre demostraron os seus grandes coñecementos no uso da biblioteca.



O pasado venres na Axencia de Lectura Municipal de Domaio tivemos un contacontos sobre a igualdade “Un día de treboada” con Miriam Crespo de Asacocirco Compañia .
Un contacontos con moita participación do público, manipulación de obxetos e malabarismos. Unha tarde divertida para os máis cativos.





O pasado sábado, 2 de outubro, gozamos dunha estupenda mañá de teatro en Carnota co espectáculo Noa no espello, de Sabela Gago, que engaiolou a grandes e pequen@s de comezo a fin.
O martes, 5 de outubro, tivemos o pracer de escoitar a Iván Davila que achegou aos máis cativos historias tradicionais do medio rural galego. Transmitiunos, entre outras cousas, a importancia de contar e compartir a cultura e tamén do coidado e respecto da natureza.

A Run Run veu a Valga a contarnos a historia de Thais e descubrimos que é unha nena moi especial. Thais, unha nena que vén dunha familia de mulleres ladroas e pensa que o seu oficio xa está predestinado por esa saga familiar. Ata que descubre que non só roubando se pode gañar a vida. No seu desenrolo a obra tratou temas coma os estereotipos de xénero relacionados co ámbito laboral.

Contamos con dúas sesións do obradoiro de ilustración feminista Bravas, ás que asistiron dous grupos de distintas idades participando de maneira activa tanto na explicación como na elaboración de cadansúa ilustración sobre o tema, podendo observar as distintas versións que cada un pode interpretar.



Séguenos