O Libro Vivo
Onte, luns 25 de outubro, puidemos disfrutar dos contos, da maxia, dos monicroques e de cancións, todo esto nun só espectaculo, O Libro Vivo.
Unha tarde de diversión e entretemento.


Onte, luns 25 de outubro, puidemos disfrutar dos contos, da maxia, dos monicroques e de cancións, todo esto nun só espectaculo, O Libro Vivo.
Unha tarde de diversión e entretemento.



Venres 8 de outubro no xardín da Biblioteca, basada no libro “Una historia fantástica. El amor contado a los niños” viaxamos a Grecia clásica e reflexionamos sobre o amor e o relacionamento, mediante a narración e a música
A señora Antonia chegou á biblioteca de Aldán co seu sombreiro picudo, nariz afiada, verruga no rostro, a costa encurvada, andar decidido e saia morada. E contounos unha chea de contos de bandidos, pantasmas, morcegos e almas, facendonos pasar unha tarde chea de humor, amor e terorrrrr.


O pasado venres, 22 de outubro, Pablísimo trouxo a Carnota O arquivo do chibo, un espectáculo do máis enxeñoso que, cunha coidadísima e orixinal posta en escena, recrea e actualiza contos e personaxes tradicionais, ben coñecidos por todos nós.
As diferentes escenas vanse sucedendo nun teatriño con múltiples xanelas, a modo de viñetas, combinando narración oral, teatro de sombras, monicreques, xoguetes e unha infinidade de obxectos que nos atrapan de comezo a fin.
Máis que recomendable!


O pasado venres 22 de outubro celebramos o Día da Biblioteca co obradoiro do Faiado de Nin: A arte de ler: deseño de bolsas e mochilas para grandes lectores/as.
Nesta actividade, o publico asistente personalizaron bolsas e mochilas de tea con deseños relacionados coa lectura, empleando diversos materiais como retais, abalorios, etc. dando renda solta a súa imaxinación.
O obradoiro foi moi entretido para as nenas e nenos que participaron.

Rematamos as actividades do programa Ler Conta Moito 2021 coa visita de Migallas Teatro e o seu espectáculo “Camiño de historias na biblioteca”.
Os nenos e nenas gozaron das cancións e os contos de María e Carlos que sempre son un éxito total!. Dinámicos , divertidos e sempre transmitindo valores , neste caso os dereitos humanos, a interculturalidade e o fomento da nosa lingua, o Galego.
Pasámolo xenial!
Grazas María e Carlos pola vosa visita!





O venres 22 de outubro tivemos a última sesión na biblioteca , está vez un taller de robótica moi divertido e participativo.

Proposta educativa que pretende achegar as nenas e nenos galegos outras culturas e realidades diferentes. Deste xeito pomos en valor a riqueza cultural e fomentamos unha mirada positiva cara o diferente.




Séguenos