A festa dos monicreques en Valga
Larraitz Urruzola con poemas, cancións e sobre todo monicreques, contounos moitas historias que nos fixeron rir e tamén nos explicou como
se fan os monicreques.

Larraitz Urruzola con poemas, cancións e sobre todo monicreques, contounos moitas historias que nos fixeron rir e tamén nos explicou como
se fan os monicreques.

Com preludio do Día das Bibbliotecas, visitounos Carmen Domech. E através dunha carteira moi especial, contounos xuntos os seus monicreques contos para reflexioanr sobre a iguladade. Para divertirse e pensar


Divertidos contos da ratiña Carolina: distintas modalidades de familias e moitas profesións a elexir no futuro: pescadora, bombeira, espía … Un fantástico contacontos no homenaxe o Días das Escritoras e oDía das Bibliotecas.

Moi ben o pasamos coa combinación de narración oral e debuxo que tivemos para coñecer a historia de Breixo na Noite de Reis. E para rematar un pequeno obradoiro.

O Mago Teto regresou a Valadouro e de novo foi a crónica dun éxito anunciado. Sabiamos que era un dos mellores magos de Galicia e non defraudou a un público familiar, entregado
a o espectáculo de Teto, A Maxia dos Contos.
Coa maestria do mago, un verdadeiro showman na escea, brillante, detallista, divertido… facendo as delicias de grandes e menores, foi debullando un truco tras outro deixando coa boca aberta ao espectador: aros, cartas, botellas que se multiplican, moedas invisibles, etc. O tempo de espectáculo literalmente voou no patio de butacas culminando a visita cun longo e sonoro aplauso.
Soledad Felloza fixo as delicias do público adulto que asistiu ao contacontos con grande interese e particicipación.
“Entre o caravel
e a rosa-Contos escollidos de Emilia Pardo Bazán”: Así cantaban as coplas no Madrid que veu a dona Emilia loitar por un lugar no Ateneo, nas tertulias, na Biblioteca Nacional. Neste espectáculo contaremos historias que amosan a esencia solidaria, dunha das máis grandes mulleres da literatura universal co gallo da celebración do seu centenario.


Este sábado chegaron a nosa biblioteca Marcos e Elba dous cativos que non queren compartir os seus xoguetes, e iso non está ben, por eso os xoguetes cobran vida para darlles unha lección. Os nosos amigos de Duende Sico, ensinaron a todos os nenos e nenas de Frades que asistiron a esta actividade a importancia de compartir. A través dunha obra con monicreques moi dinámica e divertida, Elba e Marcos aprenderan esa gran leción entre xogos, bromas, cancións, sustos, feitizos máxicos e moita risa.
Este Luns, 25 de Outubro, tivemos a ocasión de divertirnos e aprender robótica na Biblioteca. Celebrando así tamén o Día das Bibliotecas deste ano.
Un grupo de 12 rapaces e rapazas, crearon os seus propios robots e os levaron despois para casa, logo de ver cómo funcionaban.



O pasado Sábado 23 de Outubro, na Casa da Cultura de Corcubión tivemos o pracer de celebrar con Fran Amil, o Día das Bibliotecas. A actuación de “Contos de Chuches a mil”, do programa Ler Conta Moito, encantoulles ao máis pequenos e tamén ás familias. Unha mañá de sábado estupenda!!

O sábado 23 de outubro visitounos o Grupo MÚSICA MIÚDA, unha banda composta por Irene Quintero, Miguel Alonso, Óscar Martínez e Manu Pazos.
Escoitamos as cancións Bemol Pequeno, A meiga Xela, o dinosaurio Pepón, Antía Carapuchiña , o pirata Efrén,…
Unha tarde moi divertida tanto nós como os nosos pais.
Grazas a MÚSICA MIÚDA por este concerto!!!




Séguenos