Sábado 25 de setembro, nenas/os asistentes aos “Contos da Bruxa Chispum” na Biblioteca de Betanzos


O xoves 23 de Agosto a Biblioteca de Paiosaco acolleu o espectáculo de “Caxoto”, un contacontos cheo de humor, igualdade de xénero. e moi pouco de cociña.


Actuación de Caxoto na Biblioteca de Paiosaco

Terceira sesión de sábado de contos na B.P.M. de Viveiro con Carabranca de Iria piñeiro Santos. Unha nena pirata que acada todo o que se propón desafíando calquer perigo tanto pola terra como no mar. Teatro con obxectos na que se entrelazan aventuras co ánimo de superación e valores que fomentan a igualdade.

Onte en Boiro puidemos gozar da actuación de Raquel Queizas co seu espectáculo “Travesías”.
Dende o comezo, a conexión e interacción co público foi unha constante, conseguindo transportar a tódolxs presentes cas súas historias, a mundos e lugares fantásticos, facendo voar a nosa imaxinación, descubrindo e vivindo grandes aventuras protagonizadas por mulleres inspiradoras.


Este venres 24 acompañounos Tone Martínez con moreas de historias que lle contaba a súa madriña cando pasaba o verán con ela, na aldea de Villaverde e quería que deixara as maquiniñas e gozara do entorno.
Achegámonos ao mundo dos bechos e da natureza dunha maneira moi especial, dándolle a importancia que estos teñen para conservar o noso medio ambiente e coñecendo de cerca as divertidas aventuras da Mosca Chosca ou do grilo apaixonado das panxoliñas do Nadal. Os nenos e nenas pasaron unha tarde abraiados co que estaban escoitando e levaron unha idea moi divertida para facer a vindeira vez que vaian de excursión polo monte.


O 23 de setembro visitounos O Mago Paco co espectáculo ” Maxia divertida 3.0″. Tanto nenos como maiores pasaron un rato divertido xa que, houbo de todo, maxia, música e humor, sobre todo humor. En todo momento interactuaban co mago, mostrabánse todos os asistentes moi participativos, en fin foi un espectáculo moi entretido.


Divertidísmo percorrido pola historia da man de Teatro Ghazafelhos. Grazas á máquina do tempo da doutora Mon, viaxamos polas distintas épocas históricas, desde o Xurásico ata a Idade Contemporánea

E coñecimos á mona Lucy, a un cavernícola, a Akenatón, a Leonardo da Vinci e ata Neil Armstrong!

A Biblioteca Municipal Os Templarios (O Temple – Cambre) acolleu este xoves 23 unha actividade para as nosas usuarias e usuarios máis cativos: “A biblioteca que viaxaba no tempo”, un contacontos a cargo de Olga Abad que animou a tarde das familias coa historia de tres amigas que se xuntan para ler no alto dunha montaña.



A Asociación Lucense de Tempo Libre foi a responsable de impartir a actividade de Robótica educativa. Creatividade inspiradora. Coma o tempo de duración é de 120 min e a demanda foi xenerosa, ofreceron a posibilidade de facer dous grupos e incluso traballar máis tempo do pactado. As sesións resultaron moi amenas e instructivas. Construiron robots con pezas de lego que animaron con movemento, luz e son a través do programa scrath, para o que lles facilitaron unha tablet. O monitor foi paciente, claro e moi organizado.
Recomendoa polo interese que esperta nos nenos/as e pola bo traballo e dispoñibilidade da Asociación Lucense de Tempo Libre.



Séguenos