Brinca Vai! con Paco Nogueiras na biblioteca de Muros
O día 30 de xuño as bibliotecas de Muros seguimos de festa. Veunos visitar Paco Nogueiras pasámolo moi ben cantando e bailando ( cada un no seu sitio). Un tarde moi divertida.

O día 30 de xuño as bibliotecas de Muros seguimos de festa. Veunos visitar Paco Nogueiras pasámolo moi ben cantando e bailando ( cada un no seu sitio). Un tarde moi divertida.

O día 29 de xuño, día de S. Pedro, veunos visitar Maio Creacións ca actividade ” A viaxe de Mina”. Estuvemos na Praza do Mercado que non queda lonxe da biblioteca. Había que facer reserva para asistir e apuntaronse 53 persoas entre nenos e adultos. O pasamos moi ben, temos ganas de festa.

O Luns día de 5 de Xuño, os nosos amigos da Imprenta Tipográfica amosáronlle aos usuarios/as da Biblioteca Municipal de Teixeiro o funcionamento das antigas imprentas.
O contido da actividade foi moi interesante e chamativo pra os nenos.
Grazas por vir, vémonos pronto!!

Día 2 de xullo de 2021 ás 11:00, biblioteca de Escairón
Presentamos a primeira actividade do programa Ler conta moito deste ano,
da man de Estefanía Padullés
o 2 de xullo, ás 11:00 na sala infantil
O obradoiro de ilustración versou sobre mulleres esquecidas en diferentes campos, desde Margaret Hamilton, a Rosalía de Castro, Hipatia, Cleopatra, Isabel Zendal…

Consultamos en diferentes libros da biblioteca sobre estas mulleres e cadaquén escolleu un libro para inspirarse e debuxar a unha delas:


Para logo debuxar cadaquén a unha do seu entorno máis próximo:


Poden atoparse no catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia en moitas bibliotecas libros sobre o cinema [consulta aquí os libros que hai na nosa biblioteca]
O día 6 de Xuño, Anxo Fariña veu comprobar a creatividade dos nosos cativos.
O obradoiro foi todo un éxito, os rapaces debuxaron, pintaron e aprenderon sobre a diversidade.
Agardamos verte pronto Anxo!!!

Onte tivemos o pracer de ter con nós a Xarope Tulú! Fantástica actuación que todas e todos os cativos disfrutaron da emoción. O espectáculo basouse no relato de diversos contos, cuxos protagonistas eran animáis fantásticos e mitolóxicos. Moitas grazas Xarope Tulú!

Vero Rilo deleitounos con un achegamento á memoria tradicional e familiar, con fermosos contos. Na sesión cantamos, contamos e tamén rimos moito!

O pasado 3 de xullo na biblioteca de Barro, os mais novos da casa descubriron como se realizaban diferentes pezas de olería, nos tempos dos Celtas. Dun xeito práctico, traballaron o proceso de preparación dos materiais e as técnicas de execución.
O obradoiro de cerámica foi unha experiencia totalmente satisfactoria e gratificante para os participantes, que levaron para a súa casa, os traballos realizados, poñendo en valor os achados no Castro do Monte da Chan.
👉Debido a que no Concello de Barro, no Monte da Chan, están descubrindo un Castro de grandes dimensións, a Biblioteca de Barro, a través da mostra bibliográfica “Os Castros e os Celtas”, pon a disposición d@s usuai@s información sobre o noso patrimonio cultural.





Mere Clown visitou a nosa biblioteca e contounos unha versión do conto do frautista de Hamelín en crave de clown coa que desfrutamos.

O pasado mércores, un grupo terapéutico de Alzheimer participou no obradoiro “Caderno de lectura con Zentangle” impartido por Elisabet Hillerud, no que utilizaron o método zentangle para decorar a cuberta dun caderno de lectura.
É unha técnica que consiste en trazar patróns repetitivos que crea belas imaxes e fomenta a tranquilidade e a concentración, desenvolvendo a creatividade e a sensibilidade artística.
As persoas que asistiron pasarono xenial, entenderon que o importante non era o resultado e gozaron coa plena atención na realización dos trazos.
Tanto no parecer de Elisabet como no dos participantes e das monitoras do grupo, foi unha experiencia totalmente satisfactoria e gratificante.


Séguenos