“Brinca Vai” e Paco Nogueiras visitan Coristanco


O venres 23 de outubro, tivemos o ultimo contacontos na biblioteca de Paiosaco. “Aprendendo a querer ” é un espectáculo no que os nen@s aprenden a importancia de saber indentificar unha relación sá con outra persona, e deste modo saber quen nos quere ben.

O martes 20 de outubro, seguindo coas sesións de contacontos, recibimos a visita de Pavís Pavós na Biblioteca Pública Municipal de Outes. Presentáronnos o seu espectáculo Historias da Marquesa.
Chegaron coa súa maleta máxica herdada da Señora Marquesa. Cada vez que a abrían xurdían máxicas e divertidas historias que mantiveron moi atentos e entretidos a todos os nenos e nenas.
Pasámolo estupendamente!



Hoxe, 24 de outubro, celebramos o Día das bibliotecas; unha data na que queremos trasladar á cidadanía a importancia da biblioteca como lugar de encontro de lectoras/es de todas as idades coa cultura e coma instrumento de mellora da formación e convivencia.
Para conmemorar esta efeméride tan especial, a biblioteca municipal celebrou un concerto a cargo dos amigos de Música Miúda. Un recital de aproximadamente 50 min. cheo de boa música e cancións para toda a familia: “Bemol Pequeno”, “Vén bailar e cantar coa meiga Xela”, ”O dinosauro Pepón”, etc. Ler máis →
Día 23 de outubro de 2020 ás 10:00, biblioteca de Escairón
Celebramos o Día das Bibliotecas coa última actividade do programa Ler conta moito, trasladada á biblioteca escolar debido á situación que vivimos co coronavirus…
da man de Anxo Moure
o 23 de outubro, ás 10:00 na biblioteca escolar
co alumnado de 4º de Primaria do CEIP de Escairón.
Achegámonos á historia do cinema da man de Anxo Moure coa súa cinecleta:

A Anxo Moure coñecémolo hai anos coa súa titiricleta
Aprendemos moito con bandas sonoras de películas moi coñecidas do cine universal, con mímica e cancións adiviñamos personaxes coñecidísimos como Charles Chaplin ou Mary Poppins.

Viaxamos a través do cine mudo despois de coñecer a reacción das persoas que viron a primeira proxección cinematográfica que levaron o susto das súas vidas!

Tamén soubemos do cine mudo, e dos grandísimos irmáns Marx.

O máis importante é que tamén coñecemos parte da nosa historia local a través dos cines que había na vila. Incluso puidemos ver un deles por dentro, no que aínda se conserva un proxector de carburo.
Vimos proxeccións na parede, no teito, nos libros e tamén en persoas.


Foi moi divertido!
Poden atoparse no catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia en moitas bibliotecas libros sobre o cinema [consulta aquí os libros que hai na nosa biblioteca] e múltiples películas de distintos xéneros e épocas.
Aínda que foto é moi escura, son Pakolas e Laura. Eles fixeron as delicias das familias que asitiron a “Tí debuxas, eu c@nto”. Unha maravillosa, divertida e animada sesión mañanera de domingo con música rock, baile “sentados”, debuxos e contos. Compretamos os asentos dispoñibles e apareceron fans de toda a comarca, inclúso vestidos como Pakolas. Que mais pódovos dicir?
Hoxe na biblioteca Municipal de Alfoz visitounos Marisa Irimia con Poemas e contos con Carvalho Calero. Os nenos disfrutaron con unha achega á poesía do autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas. Relatos dinámicos onde poideron participar mollados coa chuvia, coas pitas….en definitiva participar e festexar o Día da Biblioteca e das Letras Galegas.
O DÍA 14 DE OUTUBRO ACOMPAÑOUNOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DA PASTORIZA “LÚA TRIANGULAR” CO SEU ESPECTÁCULO “NADA É IMPOSIBLE“ REPRESENTADO EN DÚAS SESIÓNS ÁS 10:00 E ÁS 12:00 HORAS, ÁS QUE ASISTIRON OS NENOS E NENAS DOS COLEXIOS DA PASTORIZA.
POR MOTIVO DO CUMPRIMENTO DAS NORMAS COVID A ACTUACIÓN TIVO LUGAR NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA ONDE SE ATOPA TAMÉN A BIBLIOTECA MUNICIPAL
Velaquí a última sesión de contacontos desta tempada de LER CONTA MOITO nas bibliotecas municipais de Cambre. Rematamos este ciclo con Juste Kamishibai e o seu fascinante teatro de papel ao estilo xaponés: “Os Nortis e os libros sen título”.
Este foi un ano estraño porque houbo que axustar moito os aforos nas bibliotecas. Isto é moi difícil cando hai tantos nenos e nenas que queren asistir ás actividades e seguir vivindo as fantásticas historias que os contadores e contadoras preparan coa mesma imaxinación e ilusión que os máis pequenos… Pero todo mellorará! Entretanto, desexamos moita saúde a todo o mundo!


O pasado mércores tivemos en Cambre á escritora Antía Yáñez. A través do seu libro A reconquista, estableceu un diálogo moi fluido co público asistente deixando abertas as portas para a reflexión sobre a igualdade entre os nenos e as nenas e, tamén, para que nos cuestionemos certas prácticas de convivencia que, non por ser as cotiás, teñen que ser sempre as correctas. Unha sesión dinámica, amena e, sobre todo, moi participativa!



Séguenos