Brincadeira Pirata no Pino







No día de onte Iseo a Moura representou “Se as árbores falaran” preto da Biblioteca Pública Municipal Xerardo Díaz. Un incendio arrasa con todo o verde no monte! Por sorte a fraga onde vive Flora, unha nena de nove anos e medio, reistiu. Ela vai averiguar por qué a fraga conseguiu sobrevivir ao lume e o resto do monte. Historia que mantivo aos cativos atentos toda a función.

Patrimonio Natural é o título que leva a actividade que ofreceu Mamá Cabra en Cee, na mañá do 10 agosto, espectáculo musical entretenido, interesante e ameno para o público en xeral. Gloria Mosquera e Tomi López a través de diversas cancións, nas que tratan sobre o coidado da natureza, logran que nenos e maiores reflexionen sobre a importancia do Patrimonio Natural. A actividade, aínda que vai dirixida para nenos e nenas de 3 a 9 anos, resultou moi didáctica para todas as idades.
O martes 10 de agosto na Axencia de Lectura de San Vicente os nen@s asistentes axudaron a Daniela a cumprir un dos seus soños, ser pirata. Pero non vai a ser fácil xa que os piratas consideran que as nenas non poden ser pirata.
Conto interactivo onde os cativos superaron as cinco probas necesarias para chegar a ser uns auténticos piratas. Unha aventura trepidante onde os nen@s disfrutaron e divertíronse coas diferentes probas ademais de traballar a igualdade de xénero.

Pedro Brandariz chega a Xermade con esta actividade que nos describe os novos modelos familiares, sempre dende unha visión cómica e contando co apoio de libros como “Con Tango son tres” ou “O libro dos porcos”.

Luns 9 de agosto a compañia a Run Run estivo na biblioteca contándonos a historia dunha nena moi especial chamada Thais.


O venres 6 de agosto as 11 horas a compañia a “Run Run” estivo coa obra “Aquelando as nosas letras con Xela”.

O público pudo imaxinar e participar do percorrido da vida de Xela Arias dende pequeña ata que publicou as súas obras.
Na alta montaña lucense gozamos dun pequeno gran festival de cine: o Festivaliño na biblio. Todxs xs asistentes puideron ver as mellores curtas do mundo seleccionadas en exclusiva para a ocasión. Ademais, entre curta e curta, cantamos unha canción (ou dúas).


Hoxe a mocedade de Celanova seguiu atentamente as instruccións do obradoiro para o deseño de bolsas e mochilas. Creatividade en liberdade.
O pasado venres día 6 de agosto tivemos a presenza no auditorio da biblioteca de Covelo do xornal musical de Paco Nogueiras “Extra!”. Pasamos unha tarde moi divertida que fixo a ledicia das crianzas e dos maiores coas cancións e noticias do xornal.




Séguenos