A maxia divertida do Mago Paco pasou por Aranga
O pasado venres o Mago Paco pasou por Aranga para amosar aos/ás nenos/as de Aranga a súa divertida maxia .
O pasado venres o Mago Paco pasou por Aranga para amosar aos/ás nenos/as de Aranga a súa divertida maxia .
O pasado venres día 6 de Agosto tivemos o pracer de ter connosco a Raquel Queizás realizando a contada “Dámoslle volta ao conto: Contos pola igualdade”, ao carón da Biblioteca de Verín, na rúa Irmáns La Salle. Máis de 50 asistentes asistiron atentos á contada.
Os Venres de Conto, son un Conxunto de actividades enmarcadas dentro do Programa LER CONTA MOITO da Xunta de Galicia e organizado pola Biblioteca Municipal do Concello de Verín.


Divertida e amena actividade de dinamización a que nos ofreceu Magín Blanco, na mañán do venres, día 6 de agosto, co seú espectáculo “O que levamos nas maletas”; contacontos músicado que encandilou a pequenos e maiores, e contribuiu a estimular a curiosidade polas letras e as palabras ao público asistente. Espectáculo dirixido para menores de 10 ano, pero aconsellable para todo tipo de público. Magín Blanco consegue que os asistente non perdan a atención e o sorriso durante os 50 minutos que dura a actividade.
Onte nenos e nenas de Quiroga gozaron dunha tarde de música e contos co espectáculo ” Parque natural” a cargo
de Gloria Mosquera e Tomi Lopez.Foi unha actividade didáctica e divertida na que os asistentes bailaron e catanron ao

tempo que aprenderon a coidar e respectar o medio ambiente.
O mércores día 4 tivo lugar en Chantada a actividade “O traxe novo do rei” a cargo de Tarabelos.
Debido á situación actual de pandemia esta actividade levouse a cabo na praza a carón do edificio da biblioteca municipal, coa asistencia de numeroso público tanto infantil como adulto.

Con Raquel Queizas, e da man dunha píntega, embarcamonos nunha viaxe chea de aventuras con dragóns e avoas piratas para que a lúa non deixe de ser redonda.

Píntega

Cova do Dragón

Dragón

Barco pirata capitaneado por mulleres
No día de onte os rapaces puideron desfrutar desta estupenda obra no Auditorio da Axencia de Lectura de Portosín.
Esta montaxe narra e interpreta contos para educar na igualdade e na diversidade. O eixo central das historias é fada Menta, personaxe do “Libro das emocións para nenas e nenos” da escritora Gemma Lienas. As técnicas utilizadas para a representación son os despregables Pop- up e o teatro de papel.

Cativos. cativas e maiores descubrimos en O Irixo. entre risas e malabarismos a verdadeira historia de Hamelín da man de Meré clown.
A Actividade realizaouse nun patio cuberto o carón da biblioteca municipal, debido o aforo e a que a tarde non acompañou climatolóxicamente.


Séguenos