Os máis pequenos de Vilalba desfrutaron de Barquiño de Pau
Poemas, xogos, brincadeiras e moitos contos o son do mar para os máis pequenos de Vilalba
Poemas, xogos, brincadeiras e moitos contos o son do mar para os máis pequenos de Vilalba
Inspirados polo canto da buguina, bebés e nenos pequenos de Moeche, xunto con pais e nais, viaxaron polo mar visitando as illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas…, regando a herba e cantando cancións de mares e mareas.
Unha actividade creativa e artística que encandilou aos participantes do taller.


Unha actividade delciosa para coñecer outras linguas e aprender rasgos da tradición chinesa.
Unha forma divertida de imaxinar como viven e se comportan homes e mulleres de culturas lonxanas a nosa.
Na pasada tarde do venres 30 de xullo recibimos na Axencia de Lectura de Parada de Sil a visita de Harris “a toupa arqueóloga”.
Realizamos unha actividade que combinou a arqueoloxía, a igualdade e as risas nos xogos nos que os nenos se convertiron en arqueólogos por un día; coñecendo a toupa Harris e o seu afán por ler e excavar ata atopar a Mamoa da Moura. A través dun xogo de pistas que incluiu a simulación do traballo dos arqueólogos, ata descobrir a Mámoa da Moura e o para qué servía. Todos os que participamos no contacontos ficamos ledos por saber que significaba este legado prehistórico.
Grazas “Toupa Harris” e Electra por tan boa tarde e por ensinarnos cousas do pasado!
Nesta historia Aldara comeza a súa primeira viaxe lonxe da casa, pero non estará soa terá a axuda de Lebre, Pallaso e Aguia e con eles buscará o Fogar das Estrelas.
A música foi a parte fundamental desta historia xa que a nosa protagonista toca co acordeón o “Pasodobre de San Roque” que nos acompañará durante toda a súa viaxe.

Unha maña moi divertida na que os nen@s estiveron moi atentos e participaron en todo momento da historia e da que saimos todos “tarareando” o Pasodobre de San Roque

Maxia para soñar na biblioteca (Ribadumia) co Mago Marco.
Os nenos e nenas de Ribadumia disfrutaron, participaron e viron feitos os seus soños de ser magos por un día co Mago Marco, nas inmediacións da Biblioteca Municipal de Ribadumia.
Espectaculo entretenido, onde a maxia fixo as delicias dos cativos.

O martes 27 de xullo na BPM de Sober tivo lugar un obradoiro de narración oral coa participación de Carmen Conde, de Tarabela Creativa.
Os nenos e as nenas participantes elaboraron historias fantásticas , asesoradas por Carmen , unha gran profesional, coa que pasamos unha mañá moi divertida. Actividade moi participativa e creativa.
Hoxe, venres 30 de xullo, desfrutamos dunha última xornada de mes moi divertida. Cantar, bailar e rir escoitando os mellores temas feitos en Galicia para os máis pequenos do Concello. A bibliodiscoteca itinerante visitou Portas e fixo que os protogonistas foran os convidados que o pasaron moi ben e desfrutaron moitisimo da música en galego.


Séguenos