“Brinca vai” de Paco Nogueiras no Rosal

Actividade musical super entretida cons instrumentos e diferentes estilos musicais, cantando historias divertidas e de xéneros variados

Actividade musical super entretida cons instrumentos e diferentes estilos musicais, cantando historias divertidas e de xéneros variados


Conta contos tradicional acompañado da súa guitarra….. e coma dicen que coa música se transmiten mellor os sentimentos, e se consegue entreter a pequenos e grandes, caracterizado para a ocasión cuns simpáticos pantalóns, narrando historias entretidas, divertidas e fantásticas…..¡¡¡

A Biblioteca de Dodro celebrou o 16 de outubro o obradoiro Robótica na biblioteca, coa escola Átomos.
Os participantes fixeron cadanseu robot, que despois levaron para a súa casa, unha pantalla facial, presenciaron o funcionamento dunha impresora 3D e aprenderon de forma divertida sobre tecnoloxía, electrotecnia, mecánica….
O grao de satisfacción dos asistentes foi elevado.

Atenea García da compañía Xarope Tulú chegou a Xermade cunha sesión de narración oral para nenas e nenos maiores de 3 anos e contounos como Mariña foi de excursión polo seu edificio multicultural; como Henry o incrible neno devorador de libros atopou solución a súa pesada dixestión ou como Rosiña veu por primeira vez unha bicicleta e moitos parrulos.
A Fraga do meu avó é un conto cheo de historias concorridas nunha fraga. Este é un lugar cheo de árbores, vida, maxia, poesía, bichos e animais que queren vivir e ser felices na súa casa, pero transcorren diferentes problemáticas como a deforestación, a falta de reciclaxe e o coidado do medio que dificultan a estes seres vivos a vivir con normalidade.
Trátase dunha actividade que nos conciencia a través das cancións e da poesía dos diferentes cambios que deberían de ser precisos para rematar co malestar dos bosques.


Xoán Curiel viu a Salceda de Caselas e trouxonos un conto-concerto para montar unha “Banda de verán”.Tódos os nenos e nenas que estiveron alí disfrutaron moito e aprenderon nunha entretida tarde de venres festexando como cada venres de outubro o mes da biblioteca.

A festa de pixamas foi moi divertida e a contada amosou ás persoas asistentes como nos contos as princesas e heroínas son igual de valentes cos príncipes e heroes.

Ao rematar esta contada interactiva Lucía e Paula amosaronnos os contos que traían e as ilustracións dos mesmos.

O venres 16 de outubro na Biblioteca da Laracha acollemos a Migallas Teatro con “Cantacontos”. Unha sesión chea de música e diversión.

O sábado 10 de outubro recibimos á contacontos Fátima Fernández na Biblioteca pública municipal de Narón. Veu representar para os nenos e nenas o seu espectáculo Se os contos puidesen contar, unha sesión na que reinterpreta os textos dos contos a partir das súas ilustracións.

O venres 9 de outubro en Caión recibimos a Elefante Elegante coa sesión de contacontos “O Xigante”. O contacontos realizouse tamén no ximnasio do CEIP de Caión xunto a Biblioteca.



Séguenos