Con Breve Historia do Feminismo Galego Antía Yáñez na Biblioteca de Pastoriza o día 10 de outubro, ás 11 da mañá, fixo unha narración oral onde repasou de forma divertida o feminismo galego.
As rapazas e rapaces do Instituto Manuel Murguía acompañaron a Antía na súa contada.
O 11 de outubro nenos de 1º de Primaria do CEIP Plurilingüe de Ribadavia asistiron a un contacontos musical e un obradoiro posterior titulado Rosalia. Todos por igual de Tarabelos Teatro dentro do programa de Igualdade e Loita contra a Violencia de Xénero. Asi de ben o pasaron. O mural feito no obradoiro quedou exposto na biblioteca.

Onte, na Biblioteca Municipal de Ribadumia, @s nen@s acompañados d@s seus pais/nais, descubriron unha nova Historia do Frautista de Hamelin.
Risas, bromas, malabares, Raiña, Trasnos que non ratos, aplausos e máis aplausos, fixeron as delicias dos asistentes
O venres, 11 de outubro, Lorena Pinheiro desbordou simpatía e conquistou ao seu público dende o primeiro momento.

A Tareixa, o que máis lle gusta no mundo é xogar cos seus muiños de vento. Pero, de súpeto, un día deixan de xirar. Onde está o vento?


Unha super pirata visitou onte a axencia de lectura de Corvillón (Cambados), para encher de aventuras e reflexións sobre igualdade aos pequenos e pequenas piratas asistentes. O tempo pasouse voando!



O pasado, xoves 10 de outubro, tivemos o espectáculo 8 M(ulier) de Trémola Teatro na Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas.
Os adultos e os máis cativos, acompañados polos seus pais, puideron gozar da historia de Branca Neves dende unha nova visión.
A obra foi unha mistura de recitais poéticos, cancións, sarcasmo e drama, dende unha perspectiva feminista.




Séguenos