CONTOS DE ESTACIÓN CHEGA A SALCEDA DE CASELAS
Os CONTOS DE ESTACIÓN chegan a Salceda de Caselas da man de Loreto Pertíñez, traendo a ledicia tanto os nenos e nenas coma os papis e mamis.
Un contacontos moi interactivo coa presenza da natureza.

Os CONTOS DE ESTACIÓN chegan a Salceda de Caselas da man de Loreto Pertíñez, traendo a ledicia tanto os nenos e nenas coma os papis e mamis.
Un contacontos moi interactivo coa presenza da natureza.

Na tarde de onte recibimos na biblioteca pública municipal de Ponte Caldelas a visita Dunha ” Toupa arqueóloga” onde a través dunha actividade que combinou a perfección arqueoloxía e igualdade os nenos se convertiron en arqueólogos por un día facendo un percorrido pola vida das mulleres na prehistoria a través dun xogo de pistas que inclue simulación do traballo dos arqueólogos.

O mago Albert cautivou ós nenos/as do colexio público de Maceda coa súa maxia.
Os nenos/as do colexio Público de Maceda, o día 18 de outubro tiveron con eles a Patricia, como gran profesional do teatro mostrouelles ós nenos/as que por medio dos libros e a súa lectura podemos atopar muller heroínas que conseguiron cambialo mundo.
Fantástica actuación de Lydia Botana, que nos fixo desfrutar a pequenos e maiores!
“Contos de aquí para alá” é unha proposta musical e teatral, un espectáculo didáctico que conta cun libro – disco coas cancións deste conto, mediante o cal viaxamos por todo o mundo coñecendo as súas diferentes músicas.


O pasado venres, 18 de outubro, a ALM de Carnota acolleu o espectáculo Xogo revolto, de Teatro de Marionetas Trécola; unha montaxe de gran contido educativo que aborda, dun xeito sinxelo e dende unha perspectiva lúdica, cuestión como a educación emocional, a resolución pacífica de conflitos, o respecto cara aos demais e os estereotipos de xénero.

Narración que se posiciona a favor de compartir os espacios de xogo entre nenos e nenas. Interesante o papel dalgún dos adultos.
Divertido e participativo cun final moi lúdico.
Os nenos de Valga convertéronse en ilustradores da man de Minia Regos. Traballaron na creación do seu propio libro ilustrado, quen sabe se non será a profesión dalgún deles.


O Carballo con Botas deeixou moi boas sensacións en Camariñas. Converteu as malas novas en fabulosos corazóns cheos de boas intencións, contos moi divertidos e moitas risas.


Séguenos