A MAIXA DE LEO LEÍÑO APOSTA POLA IGUALDADE NA BIBLIOTECA DE ALDÁN



Felipe Díaz Valle, CAXOTO CONTACONTOS, estivo na BPM de Sober o venres 18 de outubro con “Conto para escoitar mentras bailamos un valse”.
O director da orquestra de Santiago de Compostela chegou acompañado de moitos instrumentos e contos para os máis cativos e tamén para os seus pais e nais. Un bo rato de contos e música que compartimos coas familias que se achegaron ata a biblioteca de Sober.
Este conto está dividido en dúas partes: a igualdade, onde o rato varre como a ratiña e outra, a mais divertida para os nenos, a saída dos pais a bailar cos ratos. Pasaron uns intres moi divertidos, cunhas actuacións magníficas.




O pasado mércores, 16 de Outubro, tivo lugar na Biblioteca de Darbo a actividade “Iguais, diferentes”, de Expresión Produccións.
Manuel Solla cautivou a nenos e adultos cun contacontos moi entretido. “Cuando las niñas vuelan alto” de Raquel Díaz Reguera, e “Maruxa”, de Eva Mejuto foron as historias escollidas.
O remate da actuación foi unha divertida sorpresa en forma de biscoito, que merendamos entre todos os asistentes.
Nesta actividade Ian e Elisa deron un espectáculo de maxia no que, ademais de divertir e entreter a grandes e pequen@s, explicaron conceptos relativos ao feminismo e a igualdade de xénero, como por exemplo, o das sufraxistas.
Unha hora de maxia e diversión que deixou encantad@s a tod@s @s asistentes!

https://www.instagram.com/p/B34-s-wifij/

O pasado luns día 21 estivo na biblioteca de Vilasantar “Sarabela Teatro” co seu espectáculo Noa no espello, dentro do programa Igualdade e Violencia de xénero.
O sábado 19 de outubro os rapaces e as raparigas da biblioteca de Bertamiráns participaron no obradoiro “Constrúe o teu propio superheroe ou superheroína”, e deixando voar a imaxinación crearon uns personaxes peculiares e divertidos.
Laura Alonso propón, a partir de personaxes con superpoderes coñecidos, realizar os nosos propios personaxes soltando a imaxinación para darlle os seus superpoderes e as características que definen os seuperherois e superheroínas.

O venres 18 de outubro os rapaces e as raparigas da biblioteca do Milladoiro participaron no obradoiro “Constrúe o teu propio superheroe ou superheroína”, e deixando voar a imaxinación crearon uns personaxes peculiares e divertidos.
Laura Alonso propón, a partir de personaxes con superpoderes coñecidos, realizar os nosos propios personaxes soltando a imaxinación para darlle os seus superpoderes e as características que definen os seuperherois e superheroínas.


O pasado mércores 16 de outubro os nenos e nenas da biblioteca de Bertamiráns puderon gozar dos contos e cancións cos que nos agasallaron Pavís Pavós.
Bruxas e animais axudáronnos con música e cancións a desfrutar de contos populares e tradicionais.
Pasámolo xenial.



Séguenos