
Onte en Salceda de Caselas descubrimos da man de Animar-T que temos uns nenos e nenas moi bailarins.
Pasamos unha tarde estupenda tanto os bebés coma os papás e mamás.

Onte en Salceda de Caselas descubrimos da man de Animar-T que temos uns nenos e nenas moi bailarins.
Pasamos unha tarde estupenda tanto os bebés coma os papás e mamás.

Para celebrar o Día da Biblioteca como se merece, as familias do barrio de Monte Alto foron convidadas a compartir unha tarde con Migallas Teatro. Presentáronnos a un amigo moi especial, un lobiño que non era quen de quitar o chupete. Pero grazas a axuda do público, os contos e as cancións, conseguimos distraelo e que o esquecera por completo. Escoitamos clásicos como “A ratiña presumida” ou “Os tres porquiños” e outros como “Lúa” ou “Crocodrilo”, que soan tan ben cando os cantamos.


¡Qué ben o pasamos! Esperamos que volvan noutra ocasión. ¡Grazas!
O pasado 23 de outubro Marisa Irimia visitou o Pino e trouxo consigo una chea de historias da súa Biblioteca Secreta que escoitaron todos os rapaces e rapazas de primaria do CPI Camiño de Santiago. Unha hora chea de historias e alguna marioneta que asomou para acompañar a Mariasa e o seu público.
É así como se deron por rematados os actos de Día das Bibliotecas deste ano 2018, pero xa preparamos os do próximo ano!!
Para festexar o Día das Bibliotecas recibimos a visita de Juste Kamishibai. A través de personaxes feitos con papel vivimos historias de moitos lugares do mundo. Moi participativo e a xente marchou feliz e encantada.

Este ano lemos o fermoso texto escrito por Gonzálo Moure e ilustrado por Alfonso Zapico ademáis de celebrálo cun “Obradoiro de Deseño de bolsas – mochilas para Grandes Lectoras e Lectores” da man de “O Faiado de Nin”. Coas bolsas deseñadas poderemos levar libros en préstamo cómodamente e o máis importante poderemos empregalas máis dunha vez e convertelas nunhas bolsas reulizables en pos dun mundo cada vez máis sostenible.

Antía Yañez vén rescatarnos no Día da Biblioteca en Camariñas. Organizou un xogo de pistas que foi situando en lugares estratéxicos da biblioteca co obxectivo de dar a coñecer as diferentes seccións. Os nenos e nenas divertíronse moitísimo.
Onte Trinketrinke Teatro estivo en Carral cos máis pequenos da casa pero tamén os máis entendidos… pódovos asegurar que non deixaron de estar atentos a todo o que lles contou e cantou Vanesa, que como sempre estivo dulce e atenta cos pequerrechos. Moi recomendable. Un dez
O día 24 de outubro, durante unha hora, con pinturas de dedo e seguindo as instrucións de Isabel, as crianzas asistentes ao obradoiro, puxeron en marcha a súa imaxinación e fixeron divertidas composicións. Pintaron gran variedade de obxectos e animais, sendo os protagonistas as bolboretas e os dinosauros, aínda que houbo quen preferiu facer creacións con extraterrestres.
O xoves 24 de outubro, actuou en Meaño Gua, Gua Teatro, co espectáculo “Lúa en Vila de Libros” un pequeno musical moi, ameno, divertido e instructivo, donde nos mostraron que o poder da imaxinación e os libros fan que nos transportemos a lugares insospeitados.



Música, contos…


Séguenos