Soledad Felloza na A.L.M da CAPELA
O día 17 de setembro para festexar o inicio do curso escolar acompañounos Soledad Felloza con ” Xeografía do imaxinario – Ano Europeo do Patrimonio ” pasamos unha xornada moi amena tanto nenos como maiores.

O día 17 de setembro para festexar o inicio do curso escolar acompañounos Soledad Felloza con ” Xeografía do imaxinario – Ano Europeo do Patrimonio ” pasamos unha xornada moi amena tanto nenos como maiores.

O pasado sábado 15 de setembro Yolanda Castaño estivo na biblioteca municipal de Lalín achegando os/as máis cativos e cativas ao mundo da poesía a través do seu poemario infantil Coller as rendas (Xerais). Unha sesión chea de agarimo e palabra, na que a poeta interactuou cos/as asistentes dunha maneira didáctica e lúdica e na que nenos e nenas puideron percibir que a poesía está en todo; está en todos/as.
Fotografía: Alberto Pombo.
O luns 17, visitounos na nosa axencia de lectura, Kamishibai coas “Historias Viaxeiras” de sombras chinescas, usando contos e fábulas como fio conductor facendo que o público asistente disfrutasen dun entretido espectáculo onde se fomenta o hábito da lectura como método para facer voar a imaxinación. Pasárono moi ben.



Os rapaces, de 6 a 12 anos, coñeceron, da man de Ciencia en Ruta, a personaxes como Julio Verne, Isaac Peral e Antonio Sanjurjo Badía. Así mesmo realizaron experimentos relacionados coa densidade a través da “construción” dun submarino e a comprobación do seu funcionamento. Tamén se introduciron no mundo submarino e a ciencia ficción do autor francés a través do relato “20.000 leguas de viaje submarino” desde un “ kamishibai”.
O pasado 16 de setembro chegou a Biblioteca de Vila de Cruces Hermanager “Mago Deimi” co espectáculo ” A maxia está nos libros”
Durante unha hora desfrutamos dun número de maxia que animaba aos máis cativos á lectura. O número contou cunha chea de trucos nos que os nenos e tamén os maiores puideron participar como axudantes, foi un espectáculo de maxia variado, e divertido con toques de humor e moi interactivo. Os asistentes sairon satisfeitos.




Elisa e Ian o sábado 15 no obradoiro de globoflexia. Biblioteca de Betanzos
OS NENOS E NENAS DE 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA DO COLEXIO PECALAMA PASÁRONO EN GRANDE CONSTRUINDO MÁQUINAS DE DEBUXOS ANIMADOS E DÁNDOLLE VIDA AOS PERSONAXES DE DEBUXOS.
Este sábado, día 15 de setembro tivemos en Bergondo o espectáculo de “Xan Perillán e a maleta máxica”, espectáculo que conectou co público dende o primeiro momento.




Esta tarde, na biblioteca de Monterroso, tivemos un obradoiro de maxia impartido polo Mago Pedro Bugarín. Pasámolo moi ben , aprendemos trucos sinxelos pero emocionantes. Ao terminar recibimos do mago un agasallo moi orixinal.


Séguenos