“Raposadas” de Raquel Queizás, na biblioteca de Covelo
O venres 3 de agosto, nos arredores da biblioteca de Covelo, disfrutamos coa narración de “Raposadas” por parte de Raquel Queizás. Un rato moi agradable para os nenos e “non tan nenos”.

O venres 3 de agosto, nos arredores da biblioteca de Covelo, disfrutamos coa narración de “Raposadas” por parte de Raquel Queizás. Un rato moi agradable para os nenos e “non tan nenos”.

O obradoiro impartido na Axencia de Lectura Municipal foi unha experiencia que alentou a aprendizaxe e a curiosidade polo mundo da ciencia entre os xovenes participantes.

O día 3 de agosto, os nenos de Vilasantar, poideron disfrutar da representación do Cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa, de parte do Teatro Calavera. A continuación aprenderon a decorar pasteis, que o final degustaron.



O pasado mércores Migallas Teatro trouxo á ALM de Carnota o espectáculo “Canta connosco!” baseado no seu xa mítico disco, reeditado por Kalandraka. Moito desfrutamos, grandes e cativos/as! En Carnota somos superfans!


Obradoiro de creatividade con maxia,no que os nenos motiváronse ca axuda do mago .
O Xoves 2 de agosto tivemos unha actividade cultural moi amena. Xoán Curiel e Iris Gey interpretaron música en galego, castelán e portugués nunha tranquila noite de verán na terraza da Casa da Cultura. Foi unha actuación enmarcada no programa de animación á lectura Ler Conta Moito. Un pracer contar con eles aquí.


O pasado martes 31 de xullo, visitounos na Biblioteca de Riotorto, a diseñadora gráfica Laura Alonso Carracedo, co obradoiro creativo “A máquina de facer debuxos animados”.
Durante 90 minutos os nenos e nenas que acudiron a actividade aprenderon a facer unha máquina de facer debuxos animados coma as que se empregaban no século pasado para dar vida ó cine de animación.
Unha vez rematada a actividade os nenos puideron poñer en práctica o funcionamento do seu aparello.



Juan Juste contounos historias utilizando a combinación de técnicas como a manipulación do kamishibai e técnica lumínica emaki (teatro tradicional xaponés),escenarios despregables pop-up e revisións persoais do teatro de papel.

O pasado luns 30 de Xullo ás 18:30 horas levouse a cabo en Vilar de Santos unha actividade relacionada co ámbito científico, onde a través dun crime ficticio e de forma moi amena e práctica puidemos coñecer entre outros moitos interesantes conceptos, que é o ADN, como se extrae, como se analiza e para que se emprega esa información obtida no laboratorio. Nos mesmos puidemos poñer en práctica todo o proceso empregando materiais de uso cotián e extraendo a nosa propia mostra.


Séguenos