o mago Paco con Maxia divertida 2.0 en Viveiro

O mago Paco con o espectáculo de maxia divertida 2.o na biblioteca de Viveiro

O mago Paco con o espectáculo de maxia divertida 2.o na biblioteca de Viveiro
O día 10 de outubro tivemos un contacontos para bebés, a cargo de Charo Pita. Coa música, cancións e instrumentos, foi contando e cantando contos para os máis pequenos, cos que desfrutaron tamén os maiores.

Hoxe tivemos a primeira sesión do taller de ilustración a cargo de Estefanía Padullés titulado Como se fai un album ilustrado?, que terá continuidade o xoves 25 de outubro.

A través dunha historia de amor Antón e Tomasa achegaron aos nenos e nenas ao mundo da poesía, xa que utilizaron o verso para contar as súas aventuras de cociña. Cunha escenografía moi coidada e con moito agarimo interactuaron cun grupo de 60 nenos e nenas de educación infantil. Para rematar cun obradoiro no que cada participante decoraba unha madalena con fondant, estimulando a creatividade e poñendo en práctica hábitos de hixiene necesarios para realizar a actividade.


Rematamos coas actividades do programa Ler conta moito 2018 coa visita do Pallaso Piruleta e o seu espectáculo ” A Aventura máxica na biblioteca”
Esta vez disfrutaron os nenos de educación infantil do colexio Padre Feijoo de Allariz.
Gozaron dun espectáculo cheo de fantasía, maxia e cancións que fixeron da ledicia dos mais pequenos.
Pasámolo moi ben!!

Máxica tarde de palabras, contos e trucos con Javier Muro, Con aforo completo, disfrutamos dunha divertida tarde con nenos e maiores.
O mago Pedro Bugarín fixo as delicias dun publico familiar asistente a Biblioteca Pública de Ribadumia, este luns 08 de outubro.
Preto de 40 nen@s e familiares disfrutaron da maxia dentro do programa Ler conta moito da Xunta de Galicia.
Humor e maxia arrincaron o asombro e risas entre os asistentes.

O Mércores 10 de outubro na ALM de Vilariño de Cambados, dentro do programa “Ler conta moito”, contou coa actuación de Carmen Domech, co seu espectáculo “Contos para pasalo de medo”.
Os nenos/as e as nais e pais quedaron abraiados cos contos de medo da señora Antonia, que a través de cinco historias, achegounos a un mundo de tebras onde, co humor, o amor e o terror, pasámolo de medo. Todos disfrutamos e non tivemos tempo de aburrirnos.
Onte Manoele de Felisa deleitounos co seu espectáculo “A cantar poesía con Manoele de Felisa” na Biblioteca de Sanxenxo.
Ao son da súa guitarra nenos e adultos cantaraon e bateron palmas facendo un percorrido pola obra de Mª Victoria Moreno, Neira Vilas, Rosalía de Castro…. Da man deste cantautor achégamonos un pouco máis ao significado da poesía para saber das emocións e sentimenos que encerran os versos.
Queremos agradecer a súa presencia aquí a todos aqueles que quixeron acompañarnos neste recital cantado.
Moitas grazas tamén a Manuel pola súa música e os seus versos. E moitos biquiños a Lúa -a sua filla- unha estrela pequeniña que xa reluce coma un sol.

O mércores 10 de outubro, a ciencia inundou a Biblioteca de Santa Cruz en Oleiros. Empezou cunha proxección sobre as teorías de Isaac Newton durante á que o monitor de Ciencia en Ruta ía explicando certas cuestións e facendo preguntas ás que os rapaces e rapazas contestaban acertadamente. Seguidamente dou comezo o traballo manual, por grupos, para a realización dos distintos foguetes. Rematada a construcción, saíron ao xardín para proceder ao lanzamento. Esta última parte foi a que ocasionou máis estupor e fascinación por parte tanto dos rapaces e rapazas como dos pais e nais que o estaban presenciando.
Resultou unha actividade moi creativa, lúdica, formativa e tremendamente divertida. Os asistentes e os seus pais e nais quedaron encantados e pedindo máis.

Artefacto rematado

Atendemos e aprendemos

Traballando

Preparando o lanzamento


Séguenos