A FÁBULA DO ESPANTALLO EN TREMOEDO



Os rapaces e rapazas de Tremoedo tiveron a sorte de participar no obradoiro creativo da FABULA DO ESPANTALLO na que interactuaron cos Quinquilláns e co espantallo.



Os rapaces e rapazas de Tremoedo tiveron a sorte de participar no obradoiro creativo da FABULA DO ESPANTALLO na que interactuaron cos Quinquilláns e co espantallo.
O pasado venres 11 de outubro, dentro do programa “Ler conta moito” tivemos a visita de Alba Bermúdez, co seu contacontos “comechíns, segundo prato”, nen@s e tamén maiores, disfrutaron dos contos: “A tarta de aniversario”, “sopa verde”, “Oruga glotona”, “A vaca que puxo un ovo”, “Non teño fame”… así unha hora de divertidas historias que fixeron a delicia dos máis pequenos e non tan pequenos


O pasado martes día 9 de outubro tivemos unha tarde especial como sastres … metémonos no Faiado de Nin, e fixemos as nosas propias bolsas para gardar os libros que levemos en préstamo da biblioteca.
Pasamos unha tarde do máis entretida cortando telas, coloreando e perfilando bolsas. O resultado, uns lectores contentos e satisfeitos do seu traballo.
Agora, só queda darlle uso a esas estupendas bolsas.



O día 11 de Outubro, os nenos e nenas pasaron unha tarde diferente co as historias viaxeiras de Juste Kamishibai.

O día 11 de outubro tivemos na Axencia de Lectura de Monterrei a Pakolas co seu espectáculo de Cores, Contos e Rock’n’ Roll. Veu acompañado da ilustradora Laura Romero, que debuxaba os personaxes que cantaba o seu compañeiro. Pakolas fixo as delicias de nenos e nenas contado e cantando as historias dos personaxes dos seu contos, O Furafollas e a Simpática Quenlla, entre outros. Resultou unha tarde moi divertida.
Olga Brañas presentou un fermoso espectáculo de cine mudo acompañado por piano que deleitou aos nenos e nenas presentes, así como tamén aos maiores. A proxección da película “O moderno Sherlock Holmes”, de Buster Keaton, fixo as delicias dos asistentes e a forza interpretativa ao piano de Olga, tamén propiciou que se xerase un clima moi interesante no espectáculo. Unha actividade de moito interese que deixou con moi bo sabor de boca aos asistentes.


O xoves 11 de outubro puidemos desfrutar na ALM dos Tilos-Teo da adaptación de Títeres Cachirulo da obra de Valle-Inclán, “A Cabeza do Dragón”. Pensada para público infantil, pero que tamén poden desfrutar as persoas adultas, foi un espectacular despliegue de títeres creados por Carmen Domech, especialmente salientable a pelexa co dragón. Gran éxito de crítica e público e agardando por novas obras.

A cabeza do dragón na ALM Os Tilos
O pasado mércores tivemos a sorte de gozar na Biblioteca de Portonovo do espectáculo tan “doce” que nos ofreceu Teatro Calavera. Foi unha tarde preciosa, xa que o tempo acompañounos e puidemos ofrecer o espectáculo na praza da biblioteca, e así dar máis cabida aos espectadores. E despois entramos para facer o taller de masa de azucre que encandeou a todos os nen@s asistentes.

A verdade é que o público superou as nosas espectativas, xa que foron 43 nen@s os que cos seus pais, nais e avoas, achegáronse a gozar desta sesión. Iso sen contar as persoas que pasaban pola rúa e achegábanse a ver que ocorría na biblioteca.

Temos que agraceder de corazón o saber facer de “Antón” e “Tomasa” que nos fixeron pasar unha tarde inesquecible. Un pracer tervos na nosa biblioteca, e esperamos volver vervos por aquí 😉

O domingo 14 de outubro a BPM de Viana do Bolo contou coa actuación de FemininoPlural. Da man de Silvia Penide e Clara López o público asistente realizou ou interesante e emotivo repaso do legado que nos deixaron grandes creadoras (músicas e poetas) da historia recente.
A actuación acudiron unhas 50 persoas que quedaron abraiadas coas voces e música de FemininoPlural.
O xoves 11 de outubro ás 11,30 horas o mago Pedro Bugarín actuou na biblioteca municipal de Monforte de Lemos para noventa nenos e nenas de 4, 5 e 6 anos. Durante unha hora mantivo o seu interés e sorprendeunos con varios números de maxia dos que os fixo participes tanto a eles como as súas profesoras.Todos o pasaron moi ben e dixeron que querian voltar en breve. 




Séguenos