OBRADOIRO DE GLOBOFLEXIA
Os nenos e nenas maiores puideron facer un obradoiro de globoflexia co que aprenderon a facer canciños, cintos…etc. Un obradoiro totalemente inovador e que deixounos sorprendidos.
Os nenos e nenas maiores puideron facer un obradoiro de globoflexia co que aprenderon a facer canciños, cintos…etc. Un obradoiro totalemente inovador e que deixounos sorprendidos.
Os nenos e nenas gozaron da maxia e sombras chinescas a traves de contos e fábulas que aparecen neste contacontos titulado A MAXIA DOS CONTOS.

O CENSOR DE MONSTROS NA A.L.M. DE CORÓN

O censor de monstro
No día de onte os nenos e nenas da parroquia de Corón disfrutaron do contacontos realizado por Barafunda e puideron descubrir os fantasticos monstros e seres que habitan en Galicia. Unha viaxe a través das nosas terras que non poderán olvidar.
Onte 10 de outubro, o Faiado de Nin fixo as ledicias dos/as cativos/as de Touro coa creación de divertidas e vistosas bolsas de lectura.



O sábado, 6 de outubro ás 18:00 horas na Sala Agustín Magán, visitounos Pablo Díaz coa maxia das súas letras, acompañado a guitarra por Diego Barral e presentounos o seu espectáculo infantil “Tic, Tac, Toc”, baseado no seu cuarto libro-disco.
Os máis pequenos/as cantaron e bailaron os diferentes ritmos que Pablo lles propuxo, pasaron unha tarde moi entretida.

@s nen@s divertíronse moito aprendendo a montar a súa propia máquina de facer debuxos animados.
Cámara, luces …, e acción! Abraiados estamos con este obradoiro de “A máquina de facer debuxos animados” con Laura Alonso dentro do programa de Ler Conta Moito. Parece sinxelo pero desde logo é un proceso altamente creativo no que os rapaces poden ver como se crean e funcionan os debuxos animados e as creacións audiovisuais! Quen sabe, ao mellor temos o futuro do audiovisual carballés entre nós!
Asistentes: 16.
Un obradoiro para nen@s de entre 8 a 12 anos que non deixará a ninguén indiferente! Aprenderon non só o mecanismo para facer debuxos animados senón que poideron crear plásticamente as súas propias máquinas para montar e comezar a facer os seus primeiros produtos audivisuais! Eles quedaron encantados e a Biblioteca Rego da Balsa tamén!
#obradoiro #debuxosanimados #audiovisual #cine #montaxe#artesplásticas #infantil #obradoiros #bibliotecas #lercontamoito

Antón e Tomasa contaron un conto e despois fixeron brochetas de froitas recubertas de chocolate fondue cos asistentes ó obradoiro

Cunha música ambiental que invita á relaxación, empeza a actuación de hoxe na nosa biblioteca. Logo de estar un rato esperando a hora do inicio cambio radical de esquema. Rompemos o xeo cunhas rimas, cancións rimadas, repetitivas que fan que ata o público maior participe activamente e sexan eles quen anime aos máis pequenos a cantar con Pablo.
Cando xa temos a todo o mundo animado e con gañas de máis, metémonos de cheo nos contos. Contos teatralizados, con teatriño, con maxia e ilusión.

Caras de ilusión, de querer máis e de saber a pouco.
Moi boa asistencia de cativos acompañados dalgún maior, quedaron abraiados coa historia do vello mariñeiro acompañado de sombras, unha acitividade recomendada.
H0xe estivo Elisabet cos alumnos de primaria do CPI de Laxe amosándolle as virtudes da técnica zentagle tanto a nivel creación artística como de desconexión persoal. Os rapaces de 6º de primaria fixeron un caderno empregando patróns de fermosas imaxes saíndo moi satisfeitos da experiencia.



Séguenos