Trécola Teatro na Biblioteca de Salvaterra
O mércores 5 de setembro estiveron con nós Miska e Muska facéndonos desfrutar coas súas maravillosas historias.


O mércores 5 de setembro estiveron con nós Miska e Muska facéndonos desfrutar coas súas maravillosas historias.





Onte , 5 de setembro, visitou a nosa biblioteca “O faiado de Nin” co seu obradoiro de mochilas. Nenos e nenas disfrutaron creando os seus propios deseños para as mochilas nas que poderán levar as súas lecturas preferidas. Unha sesión moi divertida e creativa


A rapazada de Muxía pasou unha tarde estupenda co Mago Javier Muro e “O neno que quería ser mago” a maxia e os libros xuntos nunha actividade moi entretida.
O mago Pedro Bugarín na actuación no Pereiro de Aguiar “Mundo máxico 3.0” deixou abraiados a pequenos e maiores.

O martes 28 de agosto contamos con esta actividade de dinamización con música, teatro e danza.
Moi entretido, pasámolo xenial. Grazas.

Este sábado, 2 de setembro, tivemos unha interesante actividade. “Alejandro de la Sota. Arquitectura para nenas e nenos”.
O taller infantil cadrou coa exposición “Alejandro de la Sota. 1913-1996”, organizada polo COAG en colaboración coa Real Academia Galega de Belas Artes e a Fundación Alejandro de la Sota, que estaba na Porta do Sol, moi preto da Biblioteca.



Onte tivemos a ocasión de disfrutar desta actividade onde os rapaces/as coñeceron de preto o proceso de elaboración das viñetas dun cómic e tiveron a oportunidade de dibuxar o seu propio heroe ou heroína. A imaxinación e a diversión foron as principais protagonistas desta interesante actividade.

Neste obradoiro de improvisación teatral, Daniel Blanco ensinou a crear novas historias.
Os contos foron creados no mesmo momento, axudados por unhas pautas que desenrolaron a imaxinación e a autosestima dos asistentes. Os contos traballáronse en grupo.
O venres 24 de Agosto ás 19:30 horas recibimos en Vilar de Santos a visita do Mago Teto co seu espectáculo “A incrible historia da maxia”.
Pasamos unha xornada moi amena na que o numeroso público, tanto nen@s como adultos nos puidemos divertir moito e participar activamente da súa maxia a través de distintos trucos.Sen dúbida unha actividade moi recomendable para todas as idades.



Séguenos