A maxia dos contos na ALM de Riós

Manuel contounos o relato da princesa dos beizos de fresa que foi a o bosque a procura do seu principe para o baile, despois algúns dos nenos volveron a interpretar os personaxes facendonos gozar a todos do conto

Manuel contounos o relato da princesa dos beizos de fresa que foi a o bosque a procura do seu principe para o baile, despois algúns dos nenos volveron a interpretar os personaxes facendonos gozar a todos do conto
O pasado 11 de agosto a biblioteca municipal “Varela Jácome” de Lalín, dentro do programa “Ler conta moito”, contou coa actuación de Cristina Collazo, quen fixo rir a maiores e pequenas/os a través das súas historias e dos seus xogos. Un espectáculo moi especial que rematou cunha ensinanza fundamental: nós mesmos e mesmas somos o máis marabilloso do mundo.
Unha xornada de maxia. Público moi participativo e de todas as idades.
Grazas!

O pasado mércores a compañía Tarabelos visitounos co seu espectáculo “Fábulas”. Foi unha actividade moi divertida e participativa.

A Biblioteca Pai Isorna converteuse esta mañá nun Museo Científico formado por máis de vinte obxectos co lema “Prohibido non tocar”. Esta actividade de divulgación científica da compañía Ciencia en Movemento foi o último obradoiro programado polas Bibliotecas Municipais para fomentar a lectura entre os máis novos durante este verán.
Espertar a curiosidade dos rapaces e que realizasen os seus primeiros experimentos cos que aprender xogando era o obxectivo da actividade, e abofé que o conseguiu xa que os nenos comprobaron, sorprendidos, como a ciencia cambia e inflúe en moitos aspectos da súa vida cotiá.



Fantástico espectáculo no que Paco Cerdeira interpretou unha escolla dos seus temas a ritmo de rock e máis estilos, alternando coa narración das historias que nelas se recollen.

A rapazada asistente pasouno en grande bailando, participando e escoitando os contos.



Os rapaces e rapazas de Carballedo pasaron unha tarde moi divertida cos contos da galiña Rosiña…
A compañía Leo Leiño achegou ata o salón de actos da Biblioteca Pública Municipal de O Valadouro o espectáculo de maxia denominado “A maxia de Mary Poppins” e na que as actrices-magas deleitaron con numerosos xogos de maxia a grandes e pequenos.

O venres 10 de agosto na BPM de Santa Comba o publico infantil e o público familiar gozaron da mistura de contacontos, trucos e maxia co espectáculo dos Monicreques de Kukas.
Os participantes sairon cun peculiar helicóptero de papel, agasallo do protagonista da función.
A maioría dos asistentes valoraron como excelente tanto o contido da actividade coma o profesional que a relizou. As sonrisas dos nenos foron o mellor indicador de que gozaron coa función o máximo.

O pasado xoves, 9 de Agosto, tivemos en Darbo este divertido obradoiro impartido por Patricia de “O faiado de Nin”. Os participantes realizaron os seus propios deseños de bolsas e mochilas para gardar libros, que quedaron do máis orixinal.


Séguenos