Xoan Curiel en Vilanova de Arousa

Na tarde do xoves día 9 de agosto ás 22:00h., Xoan Curiel con Letras Vivas en Vilanova de Arousa.
Deleitando o público vilanovés cas suas letras.

Na tarde do xoves día 9 de agosto ás 22:00h., Xoan Curiel con Letras Vivas en Vilanova de Arousa.
Deleitando o público vilanovés cas suas letras.
O mércores 8 de agosto coñecemos a Filipa e Fran. Cos seus contos, música e dramatización non tivemos tempo de aburrirnos.


Pasámolo moi ben. Grazas.

O martes 7 de agosto Filipa e Fran fixéronmos participes dos seus contos.

Así, senos quedou a cara despois da actuación.

O día 2 de agosto, a ciencia chegou a Coirós da man de Suso.
Excelente actividade que nos entusiasmou a todos.

Excelente actividade na que os nen@s de Coirós tiveron que rescatar a Alicia o pasado día 19 de xullo.

O pasado 12 de xullo, os nen@s de Coirós gozaron deseñando a súa propia bolsa porta-libros.
Excelente obradoiro no que puxeron en práctica toda a súa creatividade.


Día 3 de agosto de 2018 ás 12:00, na biblioteca de Escairón
Chegou agosto e chegaron as festas. E na biblioteca quixemos deixar pegada! Fixémolo xusto antes das festas patronais coa sesión de contos que despertou a nosa creatividade con esta actividade do catálogo Ler conta moito:
da man de Anxo, de Menos dá unha pedra
o 3 de agosto, ás 12:00 na sala infantil
Costou un pouco facer caso das instruccións, pero finalmente conseguimos obter un resultado digno de enmarcar e colgar na parede.
Os pasos básicos eran: cada dedo cunha cor, mollar un pouco a punta do dedo, secar na esponxa o exceso de pintura, e deixar a nosa pegada no papel,…

Despois de que secara, o que fixemos foi practicar a crear personaxes (gatos, ratos, elefantes, monstros,…); usando un rotulador engadimos detalles coma ollos, orellas, patas,…

Cando practicamos varias veces, pasamos ó tema serio: crear unha escea! Para ela usamos un folio de cores e deixamos voar a imaxinación e valémonos das suxestións: unha piña, un dente de león, unha paisaxe,… E saíron cousas preciosas




Como non seguimos ben as instruccións, e quedaron moi cargados de pintura, os debuxos tivemos que poñelos a secar nunha mesa para podelos levar para a casa.
Pero o máis importante é que descubrimos o valor da nosa pegada e aprendemos a usar os nosos dedos para crear arte.
O xóves 2 de agosto a BPM da Ponte en Ourense encheuse de máxia e fantasía. Así o vivimos:


Coa axuda de Patricia e a colaboración dos nenos convertemos a nosa biblioteca nunha marabillosa fábrica de contos, onde as historias imaxinadas transfórmanse nun conto feito por nosas propias mans, unha fermosa experiencia.



A Biblioteca Municipal de Valga acolleu esta mañá un Aobradoiro de creación de teatros de papel, organizado polas bibliotecas municipais e impartido pola compañía Juste Kamishibai, papel e teatro.
A actividade foi continuación da sesión de contos que tivo lugar a semana pasada no Auditorio, e na que os rapaces asistentes descubriron a técnica pop-up, o kamishibai tradicional xaponés e a narrativa ilustrada do emaki.
Hoxe construíron a maqueta dun teatro clásico coa técnica de varilla vertical, empregando papel e cartolinas. Crearon tamén diferentes escenarios e personaxes a partir de lecturas ou
botándolle imaxinación coa invención de historias propias.


Séguenos