O teatro tradicional xaponés do Kamishibai en Sanxenxo
Seguimos celebrando o Día da Biblioteca. Martes 24 de outubro.
Pequenos e maiores, pais e nenos achegáronse á biblioteca municipal de Sanxenxo para coñecer historias e lendas de todos os continentes narradas por Juan Juste quen, a través da técnica do Kamishibai (teatro de papel tradicional xaponés) e do Emaki (teatro lumínico con pergamiños ilustrados), nos fixo pasar unha marbillosa tarde de contos.
Co seu bon facer, Juste conseguiu que o público presente participase activamente na historia sendo, a un tempo, espectadores e protagonistas. ¡Grazas Juan!








O día 24 de outubro a Biblioteca Municipal Juana de Ibarbourou de Lourenzá levou a cabo un espectáculo de maxia baseado en contos populares e que levou a cabo o Mago Albert.









Séguenos