A ciencia é divertida en Cordeiro-Valga
Hoxe visitounos Ana e ensinounos que a ciencia tamén é divertida, fixemos volcáns, globos máxicos auga que non molla e moitas cousas máis

Hoxe visitounos Ana e ensinounos que a ciencia tamén é divertida, fixemos volcáns, globos máxicos auga que non molla e moitas cousas máis

O pasado mércores pasamos unha mañá moi divertida co Mago Paco. Así de ben o pasaron os rapaces coa súa maxia e as súas historias.


Un ano máis, na semana grande do Concello de Zas, a Semana Cultural, previa á Festa da Carballeira a Axencia de Lectura de Baio pon o seu “granciño de area” con unha actividade para os/as máis pequenos/as. Nesta ocasión contamos con Fran Campos, de Bandullo Azul e a súa compañeira Filipa que por medio do teatro e da música en directo, nos levaron a un mundo cheo de contos, algúns deles do escritor Carlos Casares, a quen se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas.

Xa estamos desexosos/as de que nos volvan visitar!!!

Gracias ao Programa Ler Conta Moito un bo número de participantes disfrutaron este martes un de agosto cos experimentos de natureza na Axencia de Lectura da Lama.
.


As familias dos nenos e nenas do Punto de Atención á Infancia puideron gozar coa festa musical de Pitusa Semifusa, o pasado venres, 28 de xullo. Con esta actuación aprenderon os instrumentos da familia da música, cantaron e bailaron con esta proposta tan lúdica e amena.
Hoxe tivemos unha clase maxistral de como facer tiras cómicas e viñetas a cargo de Hermanager. Os artistas noveles de Celanova xa teñen un pouquiño máis
de experiencia, ademáis de pasar un rato divertido.

Black Galicia presentou a súa actividade Un paseo pola música negra, soul e literatura no Vicedo. Durante unha hora puidemos deleitarnos cun fermoso concerto onde se repasan os grandes éxitos da música negra con diferentes obras literarias. Un repaso moi interesante que fixo as delicias dos asistentes e así o demostraron cunha gran ovación final. Fermoso concerto para unha noite de verán…




O día 8 de xullo de 2017, ás 16:00 h a Biblioteca Pública Municipal da Pobra do Brollón acolleu a actividade “Ao encontro de Martín Codax”, dentro do programa “Ler Conta Moito” da Xunta de Galicia.
Os días 4, 11, 18 e 26 de xullo ás 17:00, nenos e nenas de 7 a 12 anos puideron desfrutar do obradoiro “Bibliotecas animadas” de Gargallando. Fotografías, gravacións e debuxos foron os elementos cos que puideron experimentar os rapaces e rapazas asistentes quen, a partir dun conto, debuxaban e coloreaban os personaxes do mesmo.


Unha experiencia que, dende logo, non esquecerán, pois grazas a estes obradoiros puideron traballar a súa propia creatividade a través, non só do debuxo, senón tamén da creación de imaxes en movemento.


Séguenos