Contos con Miró na Biblioteca de Valga
Onte, Esteban Acuña de Tarabelos, veu á Biblioteca de Valga co Obradoiro “Contos con Miró”. Primeiro contounos un conto e logo cos personaxes do conto fixemos un cadro. Como vos parece que quedou?

Onte, Esteban Acuña de Tarabelos, veu á Biblioteca de Valga co Obradoiro “Contos con Miró”. Primeiro contounos un conto e logo cos personaxes do conto fixemos un cadro. Como vos parece que quedou?

Raquel Queizás conectou cun público por medio das nosas lendas tradicionais que lles achegan ao mundo rural e antigo. As rapazas e os rapaces, descubriron á maioría un modo de vida descoñecido.

O 28 de xullo veu visitar a Biblioteca Municipal de A Illa de Arousa o grupo “GlupGlup Teatro” cunha peza teatral para nenos e nenas de 3 a 12 anos co título “Catalina Lino Lina”, que se desenvolveu dentro do programa “O mar nunha flor”. Os nenos e nenas pasáronno en grande!



Grazas por participar connosco!
Non pode arrancar de mellor xeito o XX aniversario do noso Festival de cómic Viñetas desde o Atlántico que poñendo en contexto a banda deseñada galega, as súas orixes e a súa evolución ata o día de hoxe. E é por iso que programamos na Biblioteca Os Rosales a charla con Xulio Carballo: “Ler a nosa BD! Unha viaxe pola historia e os autores da Banda Deseñada Galega”.
O luns 7 de agosto ás 18 h coñecimos as orixes da banda deseñada galega da man de Xulio Carballo e ata o domingo 13 de agosto poderemos disfrutar na cidade da Coruña do Festival Viñetas desde o Atlántico, que lle dedica unha exposición especial aos autores galegos convidados ao longo destes vinte anos de historia.
Día 4 de agosto de 2017 ás 12:00, na biblioteca de Escairón
Preparámonos para as festas da vila con esta actividade do catálogo Ler conta moito:
da man de Bandullo Azul
o 4 de agosto, ás 12:00 na sala infantil
Comezamos adaptando o oído á música de acompañamento, aprendendo unha historia do máis breve da man de Fran: Estaba a amora no seu lugar, pero como era moi moi breve, decidimos alongala un pouco con máis estrofas encadeándolle máis personaxes. 
A continuación coñecemos a Filipa e puidemos escoitar unhas historias desternillantes, entre as cales había varias inspiradas na obra de Carlos Casares: Lolo anda en bicicleta, A cousa que máis doe do mundo, A figueira de Pelostortos, A galiña azul, e unha historia inventada, Hipo que?.

Cantamos, rimos, berramos, e en definitiva pasámolo en grande!
Para rematar, os que quixeron, fixeron unha foto de grupo con Filipa e Fran.
Patricia veu a Valga a ensinarnos que as cousas pequenas contan historias. A partir de cousas cotiás que non tiñan relación entre elas, os nenos co poder da súa imaxinación, crearon unha historia onde as cousas convertéronse en personaxes fantásticos dun conto marabilloso.


O pasado domingo día 6 de agosto nas Piscinas descubertas Municipais da Granxa, Iria Piñeiro presentou ás 18.00h, unha actividade de dinamización musical, teatro e danza no servizo da Biblio-Piscina, dependente da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín.
Este proxecto vai dirixido a rapaces de entre 3 e 8 anos, e está recollido dentro do
programa “LER CONTA MOITO” organizado por a Biblioteca Municipal do Concello de Verín en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, educación e Ordenación Universitaria.

O pasado 4 de agosto “Carmiña Miudiña, a pinga que quería ser científica”, chegou a Carnota da man da compañía BocAberta. Unha sesión de contacontos teatralizada para público infantil que, de forma sinxela e divertida, aborda temas coma o ciclo da auga e o coidado do medio.


@s participantes na actividade disfrutan cantando cancións como as da: Pita Chora, o galo canta e os pitiños fóra.
Nesta Semana Cultural de Zas, chea de propostas para todos os públicos tamén puidemos contar coa colaboración da Biblioteca Municipal co Capitán Garfo co que estivemos “Cociñando música” en vivo e en directo.

Moitas grazas!!


Esperamos volver a vernos!!!


Séguenos