Letras Galegas 2017
Este luns 15 de maio celebramos, con antelación, na BPM de Poio o Día das Letras Galegas cunha sesión de contacontos teatralizada e acompañada con música en directo.
Este luns 15 de maio celebramos, con antelación, na BPM de Poio o Día das Letras Galegas cunha sesión de contacontos teatralizada e acompañada con música en directo.

Martín Camiña actuou hoxe no Concello de Sobrado co seu espectáculo “AS MAXIAS MÁIS MÁXICAS DE TÓDALAS MAXIAS. A MAXIA DE CARLOS CASARES”para celebrar o Día das Letras Galegas adicado este ano a Carlos Casares
O mago Paco foi quen fixo a actividade de maxia na biblioteca coa que disfrutaron nenos e non tan nenos.

Unha tarde divertida con contos, xogos e maxia para nenos e non tan nenos.
O 12 de maio festexamos o Día das Letras coa contadora Cris de Caldas, que escenificou ” A Galiña azul e compañía”, e falounos sobre Carlos Casares e as súas obras infantis, rematando a actividade cun obradoiro de marcapáxinas.

Na BPM de Oroso comezamos o luns día 15 ca celebración da semana das letras galegas e contamos cas fantásticas historias, cancións e bailes de Mergullámonos? a cargo de Andrea Vázquez. Unha actividade moi divertida na que ademáis de escoitar historias de diferentes paises, bailar e cantar aprendimos un montón de cousas de paises lonxanos.


O martes, 16 de maio, tivemos a Bandullo Azul e “Filipa cos contos”. Música, cancións e contos, celebrando as Letras Galegas, as letras máis fermosas e recordando a Carlos Casares.

Un percorrido magníficamente plasmado por Xosé Carlos Caneiro, na persoa de Carlos Casares e a súa obra, con pinceladas dos vínculos e vivencias que tiveron.
Conferencia realizada o pasado 16 de maio ás 19:30h. na Biblioteca do Concello de Verín
Podes ver a conferencia no noso canal de YouTube:


Soledad Felloza, con “Unha viaxe ao mundo de Carlos Casares”, estivo o venres na Axencia de Lectura Municipal de Domaio dentro do programa “Ler conta moito”. Unha magnífica proposta para fomentar a lectura entre os máis pequenos e achegalos ao universo do autor homenaxeado este ano no Día das Lestras Galegas.
Soledad conecta moi ben cos máis cativos e tamén cos maiores. É unha gran narradora dotada de moita expresividade que fai moi amenas as historias que conta.
A xornada anterior ó Día das Letras Galegas a TITIRICLETA do TITIRICLETEIRO chegou á biblioteca dos Tilos, pilotada por un grupo de monicreques solidarios chegados de Bangladesh, a India, Guatemala… Anxo Moure levou ás nenas e os nenos de viaxe a mundos fantásticos, na procura da paz. As persoas que asistiron desfrutaron dunha tarde fermosa de contos na nosa lingua e de historias de todo o mundo.

Para rematar o programa Ler Conta Moito 2017 visitounos Bandullo Azul co seu espéctaculo ” Filipa” cos contos.
Deste xeito celebramos o día das Letras Galegas cunha viaxe polos contos e o repertorio infantil de Carlos Casares amenizados con música e cancións en directo.
Os nen@s disfrutaron dun espéctaculo dinámico e divertido con Fran Campos
Pasámolo moi ben!!
.


Séguenos