Filipa cos contos…na BPM do Saviñao
Día 4 de agosto de 2017 ás 12:00, na biblioteca de Escairón
Preparámonos para as festas da vila con esta actividade do catálogo Ler conta moito:
Filipa cos contos
repertorio de Carlos Casares
da man de Bandullo Azul
o 4 de agosto, ás 12:00 na sala infantil
Comezamos adaptando o oído á música de acompañamento, aprendendo unha historia do máis breve da man de Fran: Estaba a amora no seu lugar, pero como era moi moi breve, decidimos alongala un pouco con máis estrofas encadeándolle máis personaxes. 
A continuación coñecemos a Filipa e puidemos escoitar unhas historias desternillantes, entre as cales había varias inspiradas na obra de Carlos Casares: Lolo anda en bicicleta, A cousa que máis doe do mundo, A figueira de Pelostortos, A galiña azul, e unha historia inventada, Hipo que?.

Cantamos, rimos, berramos, e en definitiva pasámolo en grande!
Para rematar, os que quixeron, fixeron unha foto de grupo con Filipa e Fran.




O pasado domingo día 6 de agosto nas Piscinas descubertas Municipais da Granxa, Iria Piñeiro presentou ás 18.00h, unha actividade de dinamización musical, teatro e danza no servizo da Biblio-Piscina, dependente da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín.
programa “LER CONTA MOITO” organizado por a Biblioteca Municipal do Concello de Verín en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, educación e Ordenación Universitaria.















Séguenos