OBRADOIRO DE SUBMARINOS NA BPM DE OUROL
O sábado na biblioteca de Ourol realizamos este obradoiro onde os nenos e nenas disfrutaron construíndo o seu propio submarino. Unha actividade do máis interesante para os máis pequenos da casa!
O sábado na biblioteca de Ourol realizamos este obradoiro onde os nenos e nenas disfrutaron construíndo o seu propio submarino. Unha actividade do máis interesante para os máis pequenos da casa!
Manuel e Suso son dous estupendos actores especializados en dobraxe que trouxeron a Ferreira a apaixoante actividade “Mundo da Dobraxe”.
Primeiro escenificaron un conto cos personaxes de Raquetucho e Pelotudo que nos ensinaron o importante que é o son e a interpretación das voces para ambientar ese conto.

Logo ensinaron como funciona no mundo audiovisual o proceso de doblar ao galego, por exemplo, unha serie de debuxos animados xaponés… A tradución do texto, a gravación das voces no estudio de dobraxe a cargo dos actores…

Pero para mostra un botón…os nenos e nenas do CEIP de Santa María do Valadouro, convertéronse en improvisados actores e actrices de dobraxe, dividíronse en grupos e ensaiaron os takes, as tomas onde se gravan bloques de texto. Collimos unha historia do famoso Bob Esponxa e voluntarios nenos e nenas puxeron as súas voces para contar unha historia orixinal e propia que chamamos A redacción. Logo poñíamos a historia enteira coas voces orixinais dos nosos pequenos…A verdade é que quedou fenomenal. Grazas Suso e Manuel por ser tan bos profes!!
O pasado luns 18 de setembro os nenos e nenas de 4º 5º e 6º dos colexios San Isidro e Maciñeira do concello de Neda, tiveron a oportunidade de desfrutar dunha sesión de maxia e contos da man do Mago Paco.

Grazas ao mago Paco a mañá do luns foi máxica!




Paco Nogueiras fíxonos pasar unha tarde moi, moi divertida na biblioteca. Cantamos, bailamos e brincamos ao son de diferentes ritmos e instrumentos.
Como non, Paco Nogeueiras viña acompañado da súa “amiga” Máquina. Para quen non a coñeza recomendámosvos que levedes á vosa biblioteca esta actividade musical do Brinca Vai! De aquí a acolá. Vaivos encantar!
Nenas e nenos de todas as idades e as súas familias interactuaron a ritmo de rock, reggae ou rap, sen esquecer o tradicional.
Cancións que percorren as distintas festas do ano, o Magosto, o Entroido, o Samaín… Tamén os xogos, a amizade, a naturaza, o idioma ou a lectura.
Esta actividade de seguro que nos vai facilitar o préstamo do fondo de música infantil da biblioteca, pois deixa un pouso de entusiasmo musical que se contaxia.
En resumo, xenial. Para repetir en calquer momento.
O 8 de setembro levamos a cabo a actividade Mergullámonos? de Andrea Vázquez. A ela asistiron moitos nenos cos seus pais. Andrea facía dar voltas o globo terráqueo ata parar nun continente e contáballes aos nenos un conto dese lugar xunto cancións divertidas.

O día 8 de setembro tivemos festa no Centro Sociocultural de Conxo con Pakolas¡ Música infantil con estilo próximo ao rock para compartir en familia. Viñeron a participar do concerto uns corenta nenos acompañados das súas nais e pais dentro da programación da XXXI Semana Cultural de Conxo; e debido á boa temperatura e climatoloxía fíxose en espazo aberto. En total serían unhas oitenta persoas.

O día 1 de setembro Dada o Duende visitou a Biblioteca de Muxía e contou contos aos máis pequechos da vila que se divertiron moito.

A actuación de Mamá Cabra dentro da clausura do Campamento urbano da Baña foi todo un éxito. Gloria e Diego, compoñentes do grupo, conseguiron que o público se involucrase totalmente. As familias asistentes cantaron, bailaron individualmente, en parella e en roda, seguiron as coreografías… e aplaudiron a rabiar.
Día 1 de setembro de 2017 ás 12:00, na biblioteca de Escairón
Preparámonos para a volta ao cole con esta actividade do catálogo Ler conta moito:
da man de Alba Bermúdez
o 1 de setembro, ás 12:00 na sala infantil
Mentres faciamos tempo para a hora, estivemos con Alba aprendendo cousas cun libro que non sabiamos que había na biblioteca: No tires de la cadena, secretos científicos sobre la caca y el pis nel descubrimos cousas que nunca imaxinamos que se puideran facer con esas dúas cousas.
Chegada a hora, comezamos averiguando os gustos dos participantes en canto á comida: se algún alimento non nos gusta, se temos alerxias ou intolerancias alimentarias, que é o que máis nos gusta na mesa e o que menos,…
Alba viña preparada para unha merendola de contos no campo cunha canasta cun mantel e chea de historias. Axudámoslle a poñer a mesa e a merendar contos:
Co de No quiero comer, aprendemos que coa axuda da nosa imaxinación podemos divertirnos mentres comemos aínda que sexan cousas que non nos gusten moito.
Co conto A vaca que puxo un ovo, aprendemos que poden ocorrer cousas incribles se o desexamos con forza e contamos con bos amigos.
O coelliño branco ensinounos que non hai que ser moi grande para vencer a un mangallón: abonda con ser máis listo porque o medo non debe deternos. 
C’O segredo de Flora, aprendemos unha canción para alonxar o mal humor e os comportamentos violentos.
E con Imos cazar un oso fomos de aventura con toda a familia.
Coma sempre, unha pequena selección de libros relacionados está exposta na Casiña dos ratos:

Na Casa dos Fraga en Cambados, os pasados martes 22 e 29 de agosto tivemos a gran sorte de contar cun Obradoiro de Libros, Imaxes e Curtametraxes da man de AUPA.
Grazas ao programa Ler conta moito, libros, imaxes, curtas inéditas,… encheron os recunchos da biblioteca con tormentas de ideas por parte dos nosos nenos e nenas conseguindo que se introducisen de cheo nun novo mundo visto dende outra perspectiva.
A actividade resultou todo un éxito que, de seguro, volveremos a repetir!








Séguenos