COMECHÍNS, segundo prato na ALM DE VILASANTAR
O pasado día 20 de abril Comechíns comparteu cos nenos de Vilasantar o primeiro e segundo prato, e os postres

O pasado día 20 de abril Comechíns comparteu cos nenos de Vilasantar o primeiro e segundo prato, e os postres

En conmemoración do “Día do Libro” a biblioteca programou unha sesión de contacontos “A falta de pan, bos son contos” realizada por Atenea Fernández, de nome artístico Xarope Tulú. O espectáculo teatral artellouse a partir de adiviñas, contos e refráns ligados á comida e ós seus costumes.
O público, participou na narración, convertíndose ás veces en protagonista.
O Luns 24 de Abríl na A.L.M da Capela , celebramos o día do libro cunha sesión de contacontos ” Contos de marmeleiro, anís e limón” con Marisa Irimia, os nenos e maiores disfrutaron moito escoitando unha morea de contos moi divertidos.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
A Biblioteca de Bertamiráns recibiu a Galetreatro o xoves 6 de abril coa súa obra “Comechíns, segundo prato”.
Con esta sesión de contacontos quixemos comezar os festexos deste mes no que os protagonistas son os libros.
Contáronse sete historias que abriron a fame de contos a todos os nenos e adultos que asistiron.

Na Biblioteca de Bertamiráns tivemos o pracer de contar o mércores día 19 con Andrea e o seu espectáculo “Mergullámonos?”
Foi unha actividade na que recorremos distintos países a través dos contos e da música, e por suposto, tamén fixemos unha parada en Galiza, onde se narrou a “Galiña azul. Unha sesión con idades moi variadas na que todos os nenos participaron moito e na que Andrea consegui que maiores e pequenos bailasen o ritmo da súa pandeireta
.
. 
A Biblioteca de Burela, ven de organizar unha actividade de animación a lectura , para conmemorar o día do libro.
Os Tres Tenedores , fixeron das súas, co seu concerto , os nenos , nenas,pais e outros familiares participaron desta actividade.
“Petiscos Musicais” foe a súa proposta, ritmos diversos e fermosas cancións, para unha gran viaxe musical. 

Na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil da Coruña, celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil recordando a figura dunha das artistas máis sobranceiras da vangarda artística do surrealismo español, a galega Maruja Mallo.
Fixemos un taller da man de Jose Luis Cousillas García, de Crearte Servizos Culturais, coa figura de Maruja como fío condutor, e como a arte, e sobre todo a arte surrealista, tamén está recollida e representada nos libros.
A vida de Maruja Mallo está chea de grandes aventuras, viaxes, as amizades que mantivo con por exemplo Dalí, Miró, etc… Unha muller afoutada, sen límites para a súa libertade, e que defendía o papel da muller en todos os ámbitos da vida. E con moita sorpresa e ledicia comprobamos o grande coñecemento que os participantes tiñan dela.
A parte artística, logo de repasar a súa obra e de falar dos temas que lle gustaban, as paletas empregadas, e as composicións das súas obras, consistíu en afondar nese imaxinario coa interpretación propia de cada neno. Uns artistas!!, e un bó comezo para rematar na casa e adornar a habitación de cada quen.




O día 25 de abril e dentro das actividades para celebrar o Día do Libro, tivo lugar na biblioteca a escenificación dos contos de “NANOTEATRO”. Participaron en total 88 alumnos pequeniños dos colexios da localidade. Os animadores escenificaron tres contos: O do papamedos, o gato que zampaba todo, o das 5 palabras, terminando a actividade acompañados pola guitarra coa canción do gato zampón. Os nenos pasárono moi ben.
Pavís Pavós chegou a Valga cos seus contos, cos que transmitiron valores aos nenos, contos que trataron do racismo, machismo, desigualdade… contos que sen querelo van deixar pegada en quen os escoitou.

Celebramos o día do libro o venres 21 de abril no Centro Sociocultural do concello de Bóveda coa visita dun artista (Juste Kamisibai) cos seus teatros de papel.

Un espectáculo singular e moi interesante no que coñecimos diferentes versións dos teatros de papel orientais, xunto con curiosas historias contadas con moita simpatía, facendo participar ao público e deixando voar a nosa imaxinación.




Séguenos