A.L.M. PANTÓN

O pasado venres 29 de xullo, na Axencia de Lectura de Santiso tivemos a actuación de Divermaxia, a que asistiron a cerca de 40 nenos e nenas. Foi unha actividade chea de contos e maxia.
Os contos do marmeleiro, anís e limón chegaron a Bóveda para endulzar os oídos das persoas que asistiron a festa de despedida do Punto de Atención á Infancia do concello.


O pasado venres a compañía Elefante Elegante recalou na Axencia de Lectura Municipal de Carnota co espectáculo “O Xigante”, unha adaptación teatral do conto de Oscar Wilde para o público infantil.




As piscinas municipais acolleron na tarde do 28 de xullo o Gran Xogo das Letras Galegas, unha actividade para nenos e nenas a partir de seis anos organizada polo programa ‘Ler conta moito’ e a Rede de Bibliotecas de Galicia e que foi impartido por Eduvía ( Vías para a Educación )
A través deste divertido xogo por equipos, os participantes coñeceron algo máis sobre a orixe e significado do Día das Letras Galegas, así como dos autores homenaxeados ata o momento, ao tempo que descubrirán interesantes datos sobre a vida e obra do autor homenaxeado este ano, Manuel María.

Contacontos, música e libros animados en Boimorto.
O venres 22 na biblioteca de Covelo tivemos a ocasión de coñecer a”O mago Paco”, que coas súas historias, contos e xogos fixo disfrutar a nenos e adultos. Actividade moi participativa entre os nenos e os pais e que resultou do agrado de todos.

A compañía BocAberta representou o venres 22 de agosto de 2016, na biblioteca municipal de Tordoia, a súa obra Carmiña miudiña, a pinga que quería ser científica. Á representación asistiron 40 nenos e nenas que quedaron abraiados coa obra.
Obradoiro creativo cos pelelliños. Un obradoiro para coñecer estes máxicos personaxes da man do seu creador, inventar novas historias e deseñar novos pelelliños. Cunha chea de debuxos e risas, viaxando ao mundo dos pelelliños.





O mércores 20 de xullo e da man de Maumarela os rapaces e rapazas das Pontes aprenderon moitas cousas sobre os dinosaurios. Ademais crearon o seu propio fósil.


Séguenos