A obra de Castelao en teatro de sombras na Biblioteca Pública Municipal de O Valadouro
A Biblioteca Municipal de O Valadouro celebrou o dia do libro o día 22 de abril cun obradoiro denominado “a obra de Castelao en teatro de sombras” orientado para nenos e nenas entre 10 e 12 anos e realizado por A Xanela do Maxín. En dito obradoiro, os nenos aprenderon técnicas e formas para realizar unha pequena obra teatral con elementos sinxelos e básicos como cartón, papel cebola e a xogar coa luz para crear as sombras.





яндекс


Este luns-25 de abril- a Biblioteca Pública Municipal, recibiu a visita de MAGIN BLANCO con “Libros en-cantados”, actividade programada para celebrar o “Día do Libro”. Participaron 21 alumnos de 1º curso de primaria do colexio Manuel Respino e 48 do colexio Pablo VI-Fátima, con idades que van dos 3 ata os 8 anos. Os nenos pasaron unha mañá entretida e musical na compaña de MAGIN BLANCO. Unha hora de historias, cancións e diversión na que os pequenos cantaron e acompañaron os ritmos das cancións máis coñecidas deste artista. Todo isto baixo a atenta mirada de Manuel María, Alicia, Quijote e Sancho, que conformaban o decorado da actividade.













Séguenos